23 may. 2013

[Madrid] Detidos nos seus domicilios particulares dous fotoxornalistas que cubren protestas.

Recollemos, traducimos e defundimos esta noticia de AlasBarricadas:

Onte, producíase a detención de Raúl Capín e Adolfo Lujan, dous fotoxornalistas nos seus propios domicilios acusados de desordenes, atentado á autoridade e calumnias vertidas en redes sociais cara as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Tras coñecerse as devanditas detencións, e o traslado de Raúl Capín e Adolfo Lujan ás dependencias policiais de Moratalaz, un numeroso grupo de familiares, amigxs e solidarixs congregáronse nas inmediacións das devanditas dependencias. Alí vivíronse algúns momentos de tensión, onde a UIPs identificou a algunxs asistentes.

Posteriormente, nunha praza moi próxima, levouse a cabo unha asemblea para definir a estratexia de mobilización e denuncia ante este atropelo á liberdade de prensa e en definitiva á liberdade de información e expresión.

Así, consensuouse a esixencia a Delegación de Goberno e ao Ministerio do Interior a inmediata posta en liberdade sen cargos dos nosos compañeiros RAÚL CAPÍN e ADOLFO LUJAN e convocouse a unha concentración fronte a Delegación de Goberno mañá 23 de maio ás 18hrs, rúa Miguel Ángel, 25, Gregorio Marañón.

Por outro lado, continúanse recollendo adhesións ao COMUNICADO emitido o día de onte (para adherirte como colectivo ou individualidade enviar un correo a madrid@fotograccion.org)

A Policía acusa a Raul de agredir axentes durante manifestacións e a Adolfo de difundir calumnias por redes sociais.

O fotoxornalista Raúl Capín, fotógrafo freelance e colaborador habitual de Diario Independente Dixital e Mundo Obreiro, foi detido o mediodía do mércores no seu domicilio de Madrid, segundo puideron saber persoas achegadas a el a través do Colexio de Avogados. Capín foi conducido á comisaría do barrio madrileño de Moratalaz e declarou en torno ás 17 horas. Cara a esa hora transcendeu a detención dun segundo fotoxornalista, Adolfo Luján, que tamén toma imaxes de mobilizacións e as distribúe por internet.

As fontes achegadas a Raúl afirman que foi detido por axentes adscritos ao grupo 21 da Policía Nacional, especializado en información sobre as actividades dos movementos sociais. "Todo apunta a que a detención ten unha relación directa coa súa actividade profesional, Raúl é un fotógrafo que cobre o que fan os movementos sociais e que cando pasa algo está aí", explican. A Xefatura Superior de Policía informou aos medios de comunicación que se acusa a Capín de agredir axentes durante as manifestacións do 23 de febreiro e o 25 de abril. Luján, usuario de Twitter co pseudónimo @Popicinio, foi detido baixo a acusación de difundir calumnias sobre a policía a través de redes sociais.

Na porta da comisaría, o avogado de Raúl confirmou que foi interrogado sobre estes dous días e que pasará a noite detido. Adolfo está a ser atendido por un avogado de oficio e non se coñecen máis detalles sobre a súa situación. Amizades e colectivos afíns aos fotoxornalistas permaneceron concentrados na porta da comisaría e foron identificados pola Policía.

Sinalización dende a prensa

Raúl Capín fora sinalado pola prensa conservadora como suposto provocador extremista infiltrado nas manifestacións. O diario ABC publicaba o 17 de abril un artigo asinado por Carlos Hidalgo -cronista especializado en "fontes policiais" - no que se afirmaba de que a Policía investiga a "radicais de esquerdas" que participan en manifestacións e protestas na rúa escudándose tras falsas credenciais de xornalistas". Na versión imprimida, a noticia ía acompañada de tres fotografías de Raúl, coa cara pixelada, destacado entre outros moitos fotoxornalistas a quen non habían pixelado.

Catro días antes, El Mundo e La Razón levaban ás súas portadas imaxes do escrache da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) no domicilio do presidente do Congreso, Jesús Posada, nas que tamén aparecía Raúl, ao que identificaban como manifestante e non como xornalista. Mundo Obreiro denunciou a manipulación no seu día e Juan Ramón Robles realizou este vídeo sobre as intimidacións á prensa:



O 1 de Maio, mentres cubría unha concentración antifascista, a Policía volveu identificalo. No minuto 2'25'' deste vídeo de Jaime Alekos móstrase o diálogo entre o xornalista e un mando policial que se negaba a aceptar a súa acreditación. "Logo déixasme a túa documentación, porque xornalista ti non es". Capín estendeulle o seu brazalete do colexio de xornalistas de Barcelona, ao que o mando lle contestou "isto non lle acredita para nada, como que se fai pasar por xornalista, iso é o que o acredita. Vostede ensíname a documentación como calquera cidadán".

En xullo de 2012, o fotoxornalista foi agredido por axentes antidisturbios mentres fotografaba unha manifestación mineira en Madrid.

Participación nunha plataforma de informadores

Raúl está a participar na creación dunha plataforma de informadores (sen distinción entre profesionais e activistas) para actuar conxuntamente contra a represión policial que están a sufrir ao cubrir desafiuzamentos, concentracións e protestas en Madrid. A ela tamén se están a sumar medios de comunicación alternativos que hoxe asinaron un comunicado de apoio. Na mesma liña, o colectivo Fotogracción está a difundir outro texto no que define a Capín como "unha testemuña incómoda" para as actuacións da autoridade.

Colaboradores de proxectos como Toma La Tele, Audiovisol, Tele K e DIAGONAL denunciaron un aumento de intimidacións por parte da policía nos últimos meses, mentres Interior insiste en que deben levar un chaleco identificativo ao que só poden acceder os membros da ANIGP-TV (Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa e TV) ou a FAPE (Federación de Asociacións de Xornalistas de España). Para entrar nestas asociacións é necesario estar dado de alta como xornalista, polo que os activistas ou freelance ocasionais quedan vetados.

Enlaces relacionados / Fuente:/b>
http://fotograccion.org/wp/2013/05/fotos-concentracion-ante-la-comisaria-de-moratalaz-exigiendo-la-libertad-de-raul-y-adolfo/

http://www.diagonalperiodico.net/libertades/detenido-su-domicilio-fotoperiodista-raul-capin.html

1 comentario:

  1. En libertad los fotoperiodistas Raúl Capín y Adolfo Luján tras más de 24 horas de detención:
    http://www.lamarea.com/2013/05/23/en-libertad-los-fotoperiodistas-raul-capin-y-adolfo-lujan-tras-mas-de-24-horas-de-detencion/

    "La Policía nos ha preguntado más por las fotos que hacemos que por las agresiones de las que nos acusan":
    http://www.publico.es/455904/la-policia-nos-ha-preguntado-mas-por-las-fotos-que-hacemos-que-por-las-agresiones-de-las-que-nos-acusan

    ResponderEliminar