16 may. 2013

[Compostela] 22 e 23 maio en A Ghavilla: Obradoiro de masaxe Thai ou Nuad Boran

En "leer más" informámos-vos de maneira resumida en que consiste esta masaxe.

O obradoiro terá unha duración de 4 horas divididas en dúas horas cada día, os días mércores 22 e xoves 23 de maio de 19h a 21h.

Pedimos unha aportación de 5 euros (ainda que os cartos non son excusa pra non vir, todo é fala-lo) e que vos inscribades mandando un mail a distribucionlivre@gmail.com, antes do día 22.

Recomendacións: se podedes traede esterilla (por favor especificádeo no mail), e tamén para a vosa comodidade, ropa solta coa que vos sintades cómodos, unha manta e unha toalla. Tentaremos ter de sobra pra todas, é importante que non collades frío...

Enfermidades non recomendadas a recibir esta masaxe, osteoporose e diabete. Se sufrides de varices ou outras enfermidades procurade indicalo por favor.

Masaxe Thai ou Nuad Boran

Masaxe orixinaria de Tailandia, baseada na mediciña natural, súa tradución literal é masaxe tradicional. Dise que ten unha antigüedade de máis de 2000 anos, e que naceu da combinación da mediciña tradicional china e ayurvédica.

O obxetivo desta práctica é a prevención da saúde, favorecendo a relaxación física e mental axudando a armonizar e estimular a enerxía do corpo do paciente.

Os beneficios son unha maior irrigación sanguínea, maior mobilidade articular e flexibilidade.

Practícase con roupa solta e cómoda, sen utilizar aceites e sobre unha colchoneta ou esterilla firme. As posturas utilizadas polo dador coma polo recibidor achéganse ás do ioga, actuando sobre puntos de presión ou liñas de enerxía. Utilízanse as mans principalmente, pero tamén os codos e os xeonllos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada