22 may 2013

"A Matapobres" Unha nova droga letal extendese polos barrios obreiros gregos

Como xa se pasara nos anos oitenta con virulencia na Galiza e en Euskadi e en minor medida no resto do estado español, os traficantes, en connivencia con a Policía, están introducindo, agora en Grecia, novas drogas nos barrios obreiros para desmovilizar e destruir a xoventude.

Falamos dun tipo de metanfetamina cristalizada cortada con outras sustancias –como ácido de pillas- pero se lle coñece como "a matapobres" polo efeito devastador que está a ter nos barrios humildes. A difusión neses barrios debese a que é unha droga moi barata, a dose costa entre 3 e 5 euros, o que faina muito máis asequible que outras drogas duras, como a cocaína ou a heroína, e máis nun país con a crise económica que ten Grecia.

Hai duas formas de consumila. Unha é poñendo os bloques de droga nunha pipa para fumar, e a outra, inxección intravenosa, con os riscos engadidos que isto supón. Expertos antidrogas recalcan que consumir a matapobres durante 6 meses equivale a 20 anos de adicción à heroína, o que ven a ser unha morte case segura. Ten uns efectos moi destructivos: hinchazón dos músculos, caida da pel a cachos, agresividade, insomnio durante semanas, tendencias suicidas e grandes erupcións cutáneas entroutros. Dase a circunstancia de que un adolescente probou esta droga só unha vez e agora ten fallos hepáticos de por vida.

Parece ser que esta droga chegou a Atenas hai un ano e medio aproximadamente, extendiuse rápidamente, en parte porque os seus vendedores difundiron o rumor de que era indetectable nos análises de orina, un rumor que era falso. Que se saiba, ainda non existe unha rede internacional desta droga, dado que é feita de forma caseira, pero a sua venda cae en maos de imigrantes.

A matapobres, é máis forte que o resto de drogas e causa grandes estragos na saude das suas consumidoras, chegando a existir xa varias persoas mortas por sobredose.

1 comentario: