13 abr. 2013

Respecto ao Asasinato de Kimani Gray en East Flatbush, Brooklyn

Publicamos polo seu interés, esta noticía-crónica dos sucesos de East Flatbush en Brooklyn, Nova York, onde compas italianxs de Radiocane entrevistaron a Kirilov de Brooklyn, con unha analise pormenorizada da vida nos ghettos que nos achega a essa realidade silenciada nos mass medias, mesmo nos propios EEUU, detallando con precisón a realidade da represión contra a poboación negra. Traducimos de ContraInfo publicada en 29 de marzo, e colamos à ìntegra:


O que segue é unha adaptación da retransmisión especial de Radiocane sobre os sucesos de East Flatbush:

Cada 36 horas é asasinada unha persoa negra pola policía dos Estados Unidos. Dende principios de 2013, van xa máis de 20 homicidios ás mans da policía cara á poboación negra. O sábado 9 de Marzo, o brazo armado do Estado americano golpeou de novo, en Brooklyn: con once disparos de pistola asasinaron a Kimani Gray, un rapaz negro de 16 anos. Durante algúns días, no barrio onde vivía, East Flatbush, explotou a revolta. Falamos con Kirilov, un compañeiro de Brooklyn.

Brooklyn é a parte máis habitada da cidade de Nova York, está unida a Manhattan (o centro da cidade) por dúas pontes e diferentes liñas de metro. Está composto por distintos barrios considerados residenciais onde vive xente que traballa predominantemente en Manhattan e, ademais ,está composto tamén por distintos barrios de carácter proletario ou sub-proletarios, chamados guettos.

Nos últimos 15-20 anos houbo un proceso masivo de xentrificación (1) de Brooklyn e das zonas máis próximas ao centro.

East Flatbush está social, material e xeograficamente distante destas partes de Brooklyn da nova xentrificación. Non houbo inxentes investimentos de capital, hai poucas multinacionais, poucos bancos e dificilmente podes encontrar un supermercado. Fundamentalmente podes encontrar pequenos negocios, droguarías, barbarías e cousas do estilo. A poboación é predominantemente afrocaribeña, proveniente de Trinidade e Tobago, Jamaica. A fin de contas, trátase dunha zona bastante deprimida e mesmo a vida pública é distinta á outras partes de Brooklyn dado que non existen eses niveis de contención social que é unha das premisas para desenvolver os proxectos de xentrificación.

O sábado, 9 de marzo, un rapaz negro de 16 anos, Kimani Gray, foi asasinado pola policía con 11 tiros, dos cales 3 foron polas costas, desgraciadamente trátase dun acontecemento bastante frecuente na cidade de Nova York e, en xeral, dos Estados Unidos, onde habitualmente a policía asasina rapaces e rapazas desas idades. O luns seguinte, houbo unha manifestación no barrio que, a pesar do que esperaban os distintos partidos mesmo de esquerda de Nova York, rematou nunha especie de disturbios onde moita rapazada nova da mesma idade de Kimani, máis ou menos de entre 16 e 20-23 anos empezaron a atacar a policía con botellas e pedras. Tamén ao día seguinte, o martes, houbo unha convocatoria para unha manifestación que tivo moita participación dalgúns grupos de esquerda na que non pasou nada, non foi máis que unha manifestación rutineira, unha especie de colección de individuxs. Tamén o día despois, estas figuras de esquerdas presentáronse coa súa habitual e aburrida actitude de manifestación de rutina e tamén, por algunha razón, había gran presenza destxs rapaces e rapazas da mesma idade e perfil social que Kimani Gray, e estaban alí. Estaban alí a esperar e, con aire de aburrimento, miraban estas figuras da esquerda e a certo punto explotou novamente unha situación de disturbios.

Non temos que pensar nuns disturbios como normalmente nolos imaxinamos, sobre todo, pola nova idade das persoas que se rebelaron, moitas delas tiñan 14, 15, 16 anos. Era unha especie de xogo coa policía, elxs atacaban á policía con pedras e botellas, logo perseguíalles a policía, escapaban e volvían con, aínda máis, pedras e botellas. En certo momento, mesmo, entraron nunha lavandaría, miraron un pouco arredor e despois saíron, pois se trata dunha zona na que é difícil realizar expropiacións.

Ao día seguinte, o xoves, houbo unha manifestación máis, esta vez con moita participación de figuras de partidos institucionais e da esquerda que se lamentaron notablemente polas desordes dos días anteriores, atribuíndoos frecuentemente a axitadorxs externxs.

Ante todo sucede que, en Nova York, onde se dá habitualmente que alguén sexa asasinadx nun control policial, non é tan frecuente que haxa dous días de revolta. Nova York é unha cidade moi apática e tamén moi controlada dende o punto de vista social con moitos medios e sistemas de videovixilancia, sistemas policiais, pero tamén por outros dispositivos sociais. Outra cousa que habería que subliñar é que houbo unha manifestación cada día despois do asasinato de Kimani Gray e mesmo isto é un dato bastante significativo e non normal para a cidade de NY. En NY é difícil ter unha situación de solidariedade e de apoio así, continuo durante días respecto a un suceso do estilo.

Dende o punto de vista do tratamento mediático, podemos dicir que tamén neste caso asistimos a dous tipos de estratexia por parte das televisións e os xornais: por un lado, temos a típica representación espectacular, unha representación que tende a baleirar os eventos e os episodios de todo elemento que, dalgún xeito, os poida implicar; e polo outro, houbo un forte proceso de criminalización de Kimani Gray, tratamento bastante típico por parte dos media, os mass media empezaron a discutir sobre se Kimani tiña unha pistola consigo no momento da súa morte ou mesmo empezaron a falar do seu pasado criminal, ou da súa relación con supostas bandas do barrio ou de Nova York, en xeral. Obviamente, dende un punto de vista radical ou revolucionario, case que o pasado criminal de Kimani Gray non nos interesa, o que nos interesa é o feito de que un rapaz de 16 anos foi asasinado pola policía na rúa.

Dende o punto de vista da solidariedade, hai unha rede chamada Fire Next Time que comezou a escribir textos interesándose pola cuestión, que produciu panfletos que se repartiron polo barrio e que se esforzaron moito nos sucesos destes días en East Flatbush. Tamén fixeron unha páxina web para recoller fondos para apoiar as 45 pessoas detidas que houbo estes días. Aquí hai que dicir que o xoves, durante a última manifestación, houbo unha gran presenza, non só das figuras da esquerda das que falamos antes, senón tamén de compoñentes revolucionarixs da cidade.

Habería que subliñar tamén algo que é un problema en Europa e que aquí se trata do mesmo problema e é que existe unha dificultade en crear conexións de relación entre os movementos revolucionarios e xs habitantes de barrios de persoas excluídas e á marxe da sociedade e, a pesar dos esforzos realizados polxs compas do movemento revolucionario para crear estes vínculos, é ben difícil dicir canto se está a conseguir nesta dirección.

Para entender a situación nos Estados Unidos de América, hai que ter en conta que existe un equilibrio constante de forzas entre o Estado e a poboación negra e, sobre todo, a moza. Isto ten que ver un pouco coas raíces fundacionais deste país que se basean abundantemente na violencia sistemática contra a poboación negra. Mesmo, hai teorías que sosteñen que, por exemplo, a escravitude, máis que un medio para obter beneficios da explotación do traballo dxs escravxs, foi un exercicio de violencia sobre a poboación negra necesario para dar base ao Estado americano. O 43% da poboación negra americana estivo polo menos unha vez, por unha ou outra razón, no cárcere con acusacións habitualmente pretenciosas. En EUA existe unha numerosa poboación carceraria, verdadeiramente enorme, na súa maior parte composta por xente negra. Así que habería que dicir que, de forma sistemática, EUA funciona sobre a base dunha masiva dose de violencia cara á poboación negra.

Especificamente, na cidade de Nova York, temos un enorme despregamento de forzas da orde con 44000 axentes cuxa táctica principal, a partir dos anos '90, foi a do "Stop and Frisk", do "alto e rexistro" no mesmo lugar, e esta táctica coincide e comeza a emerxer no momento en que a xentrificación avanza nalgúns barrios. O feito de que te poidan parar en calquera momento con calquera pretexto da policía e que te cacheen é unha forma de violación da dignidade persoal. E verdadeiramente deste xeito moita xente é arrestada polas cousas máis pequenas, máis mínimas, con simples pretextos.

NY é un sitio moi controlado e claustrofóbico. Hai constantemente policía que te mira, que te vixía. Constantemente ves xente que á que detén e arresta a policía. E, obviamente, esta estratexia de "Stop and Frisk" está dirixida de xeito privilexiado á poboación negra.

Polo xeito en que eu entendo a crise, a ver, habería que dicir que normalmente pensamos na crise como algo que ten importantes implicacións de carácter social, pero esta non é o mellor xeito para comprender a cuestión da crise. Certo que existen tensións que tenden a emerxer, a explotar de diferentes maneiras. Tensións que aumentaron a partir de 2008. En fin, para facerme entender, explicareino do seguinte xeito: a miña avoa contábame que durante a crise do '29, durante o afundimento da bolsa de Nova York, nos barrios financeiros había xente que se lanzaba polas ventás. A xente negra non se comportaría xamais dun xeito así de estúpida polo simple feito de que sempre foron pobres e sempre tiveron problemas de carácter económico. En certo modo, encóntranse nunha invariable situación de pobreza. O feito de que dende o 2008 estean a aumentar as tensións e as explosións espontáneas de rabia débese só ao feito de que esta condición, en certo xeito, invariable de pobreza da poboación negra simplemente comeza a empeorar coa crise económica. E as tensións exaspéranse. Por exemplo, se che recortan as subvencións sociais, para moita xente negra iso significa privalos do seu único medio de sustento, así que se encontran nunha situación de case imposibilidade de supervivencia. Por exemplo, se consideramos que un terzo da poboación americana negra está no cárcere, os recortes que se realizan nos servizos carcerarios por canto se poida entender cunha expresión tal, tenden simplemente a empeorar unha condición, a condición invariable da miseria do cárcere. E así, vimos, por exemplo nos últimos dous anos, significativos momentos de loita nos cárceres e vimos tamén unha revolta aberta e plena en San Francisco e creo que todas sexan modalidades para responder a unha crise que se está a manifestar de diversas maneiras.

Outra cousa que habería que subliñar é o tratamento que hai a nivel mediático da crise económico-financeira. Aquí nos media preséntase a cuestión como un problema, sobre todo, europeo, así que nos media americanos non encontramos nada que teña que ver co empeoramento das condicións da poboación negra americana. É unha percepción que se ten máis a nivel underground e que sen máis explotará de distintas formas. A de East Flatbush foi só unha primeira mostra.

Para máis información en inglés: Fire next estafe

(1)A xentrificación é un concepto urbanístico referido a un proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada