5 abr 2013

Oscurantismo e Desatención Médica no cárcere de Brieva

A realidade carcelaria fai que teñamos que seguir a publicar noticias como esta que nos enviaron ao correo as compas da AFAPP-GZ (Asociación de Familiares e Amigxs das Persoas Presas da Galiza) e que colamos à ìntegra:

Dende AFAPP-GZ queremos informar novamente dos constantes abusos que está sufrindo a veciña e compañeira de A Coruña, Noelia Cotelo, no cárcere de Brieva. Pola gravidade da situación, queremos centrar este comunicado na desatención médica que está sufrindo e todo o oscurantismo que lle rodea.

Fai unhas semanas realizáronlle unha análise de sangue, Noelia solicitou en numerosas ocasións coñecer o resultado dos mesmos, ante o que a dirección da prisión negouse a darllos. Por outra banda, e como recoñeceu o médico da prisión, Noelia ten todo o corpo cheo de chagas, avanzando cara o rostro e o interior da boca. Noelia non está recibindo ningún tratamento para paliar esta situación. Noelia solicitou o permiso para que un médico independente a visite, a dirección puxo numerosos impedimentos para que isto sexa posible.

Se tocan a unha nos tocan a todas, permanecede alerta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario