10 abr. 2013

[Carballo] Domingo 14 às 12.- "Con voz alta e forte" Manifestación Central Contra a Mina de Corcoesto

Colamos do blogue da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños

O domingo que vén, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo. Será a manifestación central das mobilizacións que estamos a facer, por iso queremos conseguir un bo número de persoas nela.

Por favor, difundide, compartide e convencede. Temos que ser unha morea de xente! Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente. Non é só un problema de Corcoesto. Non é só un problema de Bergantiños. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui (*).

Falemos agora, para que calen para sempre!

Agardámoste o domingo ás 12:00 en Carballo, para dicirlle á Xunta con voz alta e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio.

--------------------------------
(*) Como proba un botón: Información no xornal dixital Praza Pública:

Un proxecto mineiro ameaza 8.000 hectáreas nas comarcas de Ordes e Compostela

Erimsa (Explotacion de Rocas Industriales y Minerales S.A.) empresa que forma parte do holding mineiro noruegués ELKEM vén de solicitar cinco permisos de investigación para buscar cuarzo "a ceo aberto" nos concellos de Oroso, O Pino, Santiago, Ordes, Frades e Mesía, nun espazo total de 8.000 hectáreas, muitas delas en zonas de solo rústico de protección agropecuaria, onde está prohibida a actividade mineira, e de protección forestale e que afectarán por proximidade a Lugares de Interese Comunitaria (LIC) coa corresponde protección da Rede Natura 2000 e a zonas urbanas con importantes concentracións de vivendas. (ler acá a notícia completa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada