14 mar. 2013

[Compostela] Recordatório.- Sábado 16 marzo VII Encontro da Rede Galega de Sementes

Para non perder as boas tradicións este ano a Rede Galega de Sementes volta a organizar un encontro de troco de sementes na praza 8 de marzo de Compostela dende as 11 horas do día 16 de marzo (xá é o 7º encontro!).

O obxectivo do encontro é facilitar o troco de sementes, para o que haberá xente que axude a xestionalo nunhas mesas. O troco é un acto de desobediencia, xa que, pola presión das empresas que controlan as sementes forzouse a prohibición do troco. Eles queren ter todo o control sobre o que cultivamos, as merdas que lle botamos (moitas veces danche os “tratamentos” xunto coas sementes), o que comemos...

Nese mesmo día pola mañá, haberá un obradoiro de semilleiro en cama quente, e pola tarde unha mesa redonda sobre o selo ecolóxico, un debate necesario nos tempos nos que o bio está en boga e moda. Para acabar, haberá un concerto de cantos campestres! Tamén durante todo o día, haberá té e cafeciño quente para todas as que o queran.

Para ver o programa clicade en "Leer más" ou sobre a foto do cartaz

Sábado 16 de Marzo 2013, a partires das 11:00 da mañá

Praza “8 de Marzo” rúa de San Pedro Santiago de Compostela

Troco de Sementes (trae as túas sementes para trocar)

11.00h Apertura da feira e da mesa de troco de sementes

12.30h Obradoiro de sementeira en cama quente

14.00h Xantar popular

19.30h Debate: produción ecolóxica, selo oficial e alternativas de confianza

20.00h Concerto e peche da xornada

e ademáis, ó longo do día, haberá xogos para nenos e feira de produtores e artesáns

a mesa de troco estará pechada de 14.00 a 16.00h

Conserva a diversidade e calidade das nosas especies!
Fronte á comercialización das sementes e o negocio das grandes empresas agroalimentarias...
Fronte á homoxeneización dos cultivos, os transxénicos e a dependencia dos produtos químicos tóxicos...
Recuperemos o troco!
Defende as nosas tradicións e saberes!

1 comentario:

  1. En el concierto tocara Buterflai, presentando su disco refranero agricola, donde se recogen diversos saberes y luchas de campo, sus canciones recogidas estan recogidas en refranes y lo podeis escuchar pinchando aqui:
    http://www.mediafire.com/?hsgou3lqh20q4y5

    ResponderEliminar