5 feb 2013

[Pontedeume] Información preparatoria da Asamblea de Creación dunha Cooperativa Ecolóxica

Dende o C.S.O.A. da Estación de Pontedeume fixeronos chegar esta información que rulamos, para coñecemento de todas, ao respeito dunha Asamblea a celebrar o vindouro mes de marzo para tratar de crear unha cooperativa local e ecolóxica nesa vila. Copiamos tal como chegounos à nosa caixa de correo:

Nestes tempos de crise, nos que a maioría de alimentos están producidos baixo unhas condicións artificiais e tratados a base de pesticidas e químicos moi perxudiciais para a saúde , no que o traballo asalariado parece que é o único modelo laboral lexítimo -enriquecendo xs mesmxs de sempre baixo condicións de explotación e salarios irrisorios para xs traballadorxs-, queremos propoñer a creación dunha cooperativa local, ecolóxica, que nos axude a tomar as rendas da nosa alimentación, saúde e traballo. A ser nós mesmxs xs que produzcamos os nosos alimentos e ser nós xs que nos axudemos dunha maneira xusta e igualitaria, dando así resposta directa a esta dura situación dende o asemblearismo e a autoxestión cidadá.

Polo cal convidamos a todxs a participar na Asamblea Aberta que se celebrará na Casa da Estación o sábado 2 de marzo a partir das 12.30 horas, na que trataremos asuntos moi diversos como a recuperación de hortas en cesión, a creación dunha rede de apoio -na que poden estar representados diferentes gremios como (artesáns,fontanería, albanelería, educación, informática, ...) e a creación dun grupo de consumo consciente.

Somos coñecedorxs doutros intentos para formar unha cooperativa de consumidores no pobo e do interese que desperta poder acceder a unha alimentación e a un traballo sen intermediarixs, nin gravames abusivos, nin toxicidade. Entendemos que é un bó momento para retomar o asunto e perfilar de novo, entre todxs, o que queremos dunha cooperativa.

Estas son algunhas das ideas que propoñemos e que se debatirán, xunto co que todxs vós queirades compartir, na vindeira asemblea :

- Banco de terras: existen propostas de varias persoas de cesión de terras para o cultivo de hortas na vila e arredores.

- Cooperativa de consumidorxs conscientes: no grupo conseguiremos obter productos de alta calidade e ecolóxicos a un prezo xusto.

- Grupo de produtorxs locais: se tes unha horta e queres producir en ecolóxico e despois vender a un precio xusto sen intermediarios esta é a tua oportunidade, queremos crear unha rede de produtorxs e consumidorxs na cal o producto das hortas teña unha saída fácil e directa.

- Cooperativa integral.

Nos gustaría contar coa presenza de tódolos colectivos da zona, asosiacións de veciñxs e demáis xente a título particular que poda estar interesada no proxecto.

Fronte a crise, organízate e participa dunha maneira xusta, directa e democratica na tua vida e na tua vila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario