19 feb. 2013

Novidades sobre Noelia .- Sedantes na comida e folga de patio. Carta-Denuncia dun preso solidario e Acción Solidaria en Pontevedra.

Nesta última semana dende a Asamblea de Familiares e Amigxs das Persoas Presas da Galiza (AFAPP) recebemos estas notificacións ao respeito do caso Noe:

- Novidades 12/02. Sedantes na comida e folga de patio.

- Acción Solidaria en Pontevedra con Noelia e os Presxs en Loita

En "Leer más" ampliamos a información

- Novidades a 12 de febreiro:

Martes 12, Noelia solicitou unha proba analítica de tóxicos pois pensa que lle están a votar algún tipo de fármaco sedante na comida, pois pasou casi dous dias dormida e completamente desorientada.

Sábado 9, dous abogadas do "Observatorio para la Defensa de los Derechos y las Libertades en Castilla y León" Oteando, estiveron visitando a Noelia. Encontraron a Noelia ben físicamente, aínda que lles explicou que tiña unhas marcas na gorxa e magulladuras, solicitando que a examinara un médico forense. Tamén expresou que tiña gastroenteritis aínda que de menor grao que nos días anteriores.

Está nunha celda máis axeitada despois da visita dun inspector de IIPP.

Négase a dar paseos no patio, ó ter unha duración de media hora cada un.

- Acción Solidaria en Pontevedra

Recollida a noticia de ContraInfo (e que se ben xá foi publicado o enlace neste mesmo blogue como comentario doutra noticia, consideramos de interés recollela e traduzila):

Na noite do pasado martes 12 ao mércores 13 de febreiro percorreronse varias ruas da cidade de Pontevedra realizando pintadas pola anarquía, contra o capital e en solidariedade con xs nosxs compañeirxs presxs.

Lemas como “PARO, SUICIDIOS, DESAHUCIOS… ¿E NOS SOMOS XS VIOLENTXS?, “DIGNIDADE E RAIBA – SOLIDARIEDADE ANARQUISTAS PRESXS” ou “SEN XUSTIZA NON HAI PAZ” entroutros ilustraron diferentes muros da urbe.

Deste xeito transmitese un saudo e sentimentos cálidos a todxs xs que resisten nas celas. En especial, a Noelia Cotelo, a cal afronta con valor e determinación as piores torturas no C.P. de Brieva (malleiras constantes, abusos sexuais, falla de atención médica, falla de comida sa, falla de roupa de abrigo, aillamento…). Tambén ao compañeiro Gabriel Pombo da Silva encarcerado en Madrid nun FIES de 5º grado totalmente arbitrario tras ser transladado dende Aachen (Alemania). Por último, aos 4 atracadores de Kozani (Grecia) detidos e tambén torturados pola policía.

Contra vento e marea, contra toda autoridade.
"Nos estáis obligando a sentir cada vez más odio…"
PRONTO HABERÁ MÁIS
¡¡SOLIDARIEDADE AXS DAS CELAS!!


Mais imaxens das pintadas acá

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada