17 ene 2013

Comunicado-Manifesto da AFAPP Galiza

Chegounos ao correo este Comunicado-Manifesto da AFAPP (Asamblea de familiares e amigxs das persoas presxs) para visibilizar os cárceres e o que se pasa dentro delas:

Ningunha de nós sabemos cál é a realidade que existe dentro das prisións. Podemos facernos unha idea gracias aos testimonios de moitxs compañeirxs que con valentía comparten cos e coas que estamos fóra. Un dos muros máis difíciles de derribar neste ámbito é o da comunicación. Persoas que sofren malos tratos, familias que padecen e loitan en soidade e unha sociedade que non escoita ou non quere facelo.

É por todo esto que querémosvos animar a que sexades as familias e xs máis achegadxs xs que lle poñades voz ás persoas privadas de liberdade nos talegos. A idea é traballar en grupo, pois cantos máis sexamos, máis alto poderemos berrar. Ademais é a hora de que xs verdadeirxs protagonistas dirixan esta loita, decidindo cómo, cándo e por qué.

Todas as persoas que mostramos interese por esta realidade sabemos cáles son os métodos nas prisións, os dereitos que se vulneran, o día a día detrás dos muros. Dende evidentes malos tratos físicos a privacións de todo tipo: palizas, illamento, negación de comunicacións, corte de correspondencia, abandono educativo e sanitario, faltas continúas de respeto, abuso de autoridade, violacións, insultos, falta de transporte para as familias, dispersión... Tamén somos conscientes de que a xustiza por vía legal non se fai eco deste problema, dando a razón sempre as institucións; e de que a maioría de nós carece de medios económicos precisos. Entón, ¿qué se pode facer?

Nós propoñemos dinamizar e concienciar a sociedade partindo dende os núcleos máis pequenos, como somos as familias e achegadxs, ata cotas máis altas coma son os barrios, cidades, provincias... É dicir, organizar grupos locais, que se preocupen ou encarguen dos distintos talegos que nos rodean, denunciando de maneira pública todo o que sucede dentro de estes antros. Creemos que a unión de persoas que padecemos realidades similares, a maiores de darnos forza, faranos sentir máis arropadxs, e será máis sinxelo facernos escoitar.

Nós non sentimos vergoña dos nosos familiares e amigos encerrados, avergonzámonos dun sistema inxusto que encerra as persoas pobres e amnistía os ricos, un sistema que non trata axudar senón castigar e silenciar unha inxusta situación social.

Por que estamos cabreadxs e non permitiremos nin un carceleiro armado máis, ningún médico cómplice, nin ningún xuíz facendo o cego.

podes escribirnos a:

afapp.gz@gmail.com

ou Rua Romil Nº3, Baixo. CP 36302. Vigo, Pontevedra

ou chamarnos a 639334268-699432172

Como podes axudarnos:

*Participa nas asembleas.
*Envia o Manifesto a quen consideres que poida estar interesadx.
*Difunde a información que che vaiamos pasando.
*Colabora coa Rede de Apoio Mutuo.
*Participa nas actividades que desenrolemos.
*Toda a información que nos proporciones será de gran axuda.
*Pero, sobre todo, estreitando lazos en contra dos abusos.

1 comentario: