14 dic 2012

Bildu concede a O'Belén a xestión de dous centros de menores.

Recebemos no noso correio esta noticia enviada polo compa do blogue "La Rebelión de las Palabras", da que damos conta:

Esta vez, a deputación de Guipúzkoa, onde ten a palabra o partido abertzale Bildu (tan pintado de disidente por segundo que sectores), ven de conceder a xestión de dous novos centros de menores ("Irisasi" e "Uralde") a O'Belén, fundación que acumula no seu historial un número importante de denuncias e investigacións por malos tratos, ademáis de contar xa con tres adolescentes mortxs baixo custodia e en "extranas circunstancias", dxs cales o máis novo tiña só 12 anos e a máis vella 14.

Unha vez máis fica ben claro que a represión ten moitas formas e cores, e pode servir a moitas bandeiras, pero no fondo, segue a ser represión.

En este enlace de La Haine tedes o comunicado do colectivo "No a O'Belén" onde solicitan a Bildu que rectifique.

Nestoutro enlace podedes atopar un artigo sobre Emilio Pinto o desgraciadado que actualmente se atopa ó frente da devandita fundación torturadora. Un tipo que entre outras "lindezas" apoiou a reducción da idade penal ós 12 anos (!!!) e aprobou ademáis reiteradas veces o uso de psicofármacos para tratamento de nenxs e crianzas "demasiado rebeldes" para o seu gusto.

Aquí e máis aquí pódense atopar testemuñas de rapaces que pasaron por centros xestionados por O'Belén.

E para rematar, neste enlace do Colectivo No a O'Belen hai un artigo que fala sobre a fundación e a mafia que teñen montada

1 comentario:

  1. Boas compas!

    Teño que dicir que cando vos enviei a nova, cometin un erro. Emilio Pinto non é quen actualmente xestiona O'Belen, senon que foi presidente da mesma ata 2009, cando decidiu dimitir, deixándolle o cargo a Javier Sebastián, psiquiatra que foi quen fixo as declaracións que eu lle atribuin a Emilio Pinto.

    Aclarado isto, grazas por difundir, e perdoade polo fallo jaja

    ResponderEliminar