30 nov 2012

[Compostela] Sábado 1 dezembro.- Primeira Asemblea para a formación dun Clube Social de Cannabis.

Recebemos un correo da XA (Xuntanza Antiprohibicionista) dando conta desta convocatoria que colamos:

Como acordamos nas VI Xornadas Antiprohibicionistas durante a charla de Clubes Sociais de Cannabis -CSC-, a Xuntanza Antiprohibicionista coordina a convocatoria da primeira asemblea para a formación dun CSC en Compostela.

Esta primeira xuntanza terá lugar na "Casa do Vento" (Rueiro de Figueiriñas - Compostela) o sábado 1 de decembro as 18:00h.

Nesta primeira xornada un compañeiro da Xuntanza Antiprohibicionista informará e asesorará sobre como debe ser o proceso de formación dun CSC e as bases legais, para empezar a poñer a funcionar o proxecto.

Martín Barriuso sobre los clubes sociales de cannabis en España from ddaa on Vimeo.


Ademais fazemos recordatorio de que XA! está a realizar todo-los martes de 18:00' a 20:00', também no CSO A Casa do Vento un “Obradoiro de Autodefensa ante a Lei Corcuera” para aprender a recorrer as túas sancións administrativas por infracción da Lei Orgánica 1\92 de Protección de Seguridade Cidadá (multas por tenencia ilícita ou consumo na vía pública de sustancias psicoactivas perseguidas).

¿Que é un acordo de iniciación? ¿Cal é o prazo para presentar alegacións? ¿Que teño que alegar?

Também podes poñerte en contacto con a Xuntanza Antiprohibicionista X.A! mediante correo electrónico.

Saudos Antiprohibicionistas!
Xuntanza Antiprohibicionista X.A!
a_xuntanza@hotmail.com
http://xuntanzaantiprohibicionista.wordpress.com/

6 comentarios:

  1. Menuda actividade máis revolucionaria... Non moi propia dunha páxina anarquista, penso eu. E non o digo porque sexa anti-drogas, que todo o contrario, mais si que non entendo esta páxina como un lugar de convocatorias deste tipo

    ResponderEliminar
  2. Amigo, o anarquismo e liberdade, e ningún home ou muller ten que ter medo dunha planta que nace libremente e que uns poucos interesados dedicaronse a declarar ilegal. Cada un ten a sua opción persoal e ninguén te está obligando a nada. Con respecto a que esta non é unha páxina donde se deba colgar isto, pois eu penso que cada un é libre de poñer o que lle de a gana i e mais tamén está moi ben que alguén informe sobre como se pode respostar a represión exercida por xuíces e policías. Non mais represión, Legalización xá basta de hipocresías !!!

    ResponderEliminar
  3. Non me cadra cunha visión moi anarquista tentar pedir permiso ao estado pra ningunha das facetas da nosa vida, incluidas as drogas que consumamos. Así que se o estado é un hipócrita, a anarquista que busque a súa aprobación tamén, non?

    ResponderEliminar
  4. Entón tamén cando te deteñan , vamos a pasar de todo porque co estado non se negocia, así que nada de recurrir multas por concentración ilegal... vamos a deixarnos de tonterías. Estamos falando dunha planta que nace libremente e uns interesados a declaran ilegal, me teño que expoñer a que me multen por poñer duas plantas entre os meus tomates e as miñas leitugas? en caso de que así sexa e me multen, estou encantado de poder recurrir e defenderme ante este estado e xustiza de merda i así non ter que pagar 300 euros mínimo o mismiño que nunha concentración ilegal. E que quede clara outra cousa eu xamais pedín nin pedirei permiso a nadie para plantar nada na miña leira pero si me veñen a atacar terei que defenderme da manera que sexa, Unha aperta e Legalización xá !!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Home, o mesmo que por unha concentració ilegal non, eh?

      Eliminar
  5. Bom, semelha que há quem gosta(m) de criticar por criticar o que se publica neste blogue e do que ela(s) nom gosta(m) sem aportar nada mais. Umha crítica moi constructiva!!

    Isso sim, eu considero que o que se deve de tratar é que se despenalicem o cultivo e consumo e nom que se legalice (que é diferente): A criaçom dum CSC é um jeito de evitar multas e de promover um mehor conhecemento desta planta. Nom vejo porqué nom é interesante de publicar neste blogue. Nom sendo que haja quem considere que tudo o acá publicado é de obrigado cumprimento. Assim nesnte blogue tem cabida umha convocatória da presentçom dum livro contra a drogas, como estoutra. Algum problema??

    ResponderEliminar