2 ago. 2012

Conséguese aprazar a entrada en prisión de Amadeu!

Esta mañá do xoves 2 de Agosto, día en que vencía o prazo para que Amadeu entrase en prisión, a xuíza suplente da sección novena da Audiencia Provincial, ante a solicitude de indulto presentada pola avogada de Amadeu, decidiu suspender a devandita entrada ata que se incorpore a xuíza titular en Setembro e decida sobre a situación de Amadeu.

Polo tanto, aprázase a súa entrada, e esta demora abre unha nova posibilidade para evitar que Amadeu entre de novo na cadea fronte á ameaza pendente...

Un fraternal agradecemento a todas as persoas que manifestaron a súa preocupación solidaria pola situación de Amadeu e, despois deste pequeno respiro, permanezamos atentas.

Copiado e traducido de "A las barricadas" (orixinal -AQUÍ)

Ultimas novas sobre o caso neste blog: -AQUÍ, -AQUÍ e -AQUÍ.

1 comentario:

  1. Compas, no blogue "Alboroto" pódese atopar un cartaz solidario co compañeiro.

    O enlace ó cartaz é este: http://alboroto.espivblogs.net/2012/08/02/solidarity-poster-with-amadeu-casellas/

    O cartaz está en catalán, e nese blogue hai tamén unha traducción ó inglés. Eu pola miña conta déixovos unha en galego (a normativa da Xunta, xa que a AGAL non a controlo, síntoo) e outra en castelán:

    -----------

    GALEGO:

    QUITADE AS VOSAS MANS DA VIDA DE AMADEU

    "A loita debe continuar e a xente non debe darse por vencida. O día a día é unha loita continua e temos que seguir así pase o que pase. Se non cedes, podes gañar pero se cedes, xa perdiches" - Amadeu Casellas, 2010

    LIBERDADE PARA AMADEU

    Amadeu Casellas estivo secuestrado nos cárceres do Estado durante 24 anos, oito dos cales cumpriu ilegalmente, como a propia administración do Estado recoñeceu. A súa postura de resistencia e denuncia (das torturas, da corrupción penitenciaria...) tivo moito que ver nisto. Despois da súa liberación en Marzo do 2010, o pesadelo volta agora dous anos despois cas notificacións surrealistas que recibiu este mes para cumprir unha pena de 3 anos. O Estado non está satisfeito con secuestrar durante décadas ó noso compañeiro, e agora queren encerralo de novo. Quéreno cautivo, calado e subordinado, pero non permitiremos que xoguen ca súa liberdade unha vez máis. Pola destrucción das prisións!

    A SOLIDARIDADE É MÁIS FORTE QUE AS SÚAS CELDAS

    ----------------

    CASTELÁN:

    QUITAD VUESTRAS MANOS DE LA VIDA DE AMADEU

    "La lucha debe continuar y la gente no debe darse por vencida. El día a día es una lucha continua y se ha de seguir así pase lo que pase. Si no cedes puedes ganar, pero si cedes ya has perdido. Vale la pena seguir luchando" - Amadeu Casellas, 2010

    LIBERTAD PARA AMADEU

    Amadeu Casellas estuvo secuestrado en las cárceles del Estado durante 24 años, ocho de los cuales cumplió ilegalmente como la propia administración del Estado reconoció. Su postura de resistencia y denuncia (de las torturas, de la corrupción penitenciaria...) tuvo mucho que ver en eso. Después de su liberación en Marzo de 2010, la pesadilla vuelve ahora dos años después con las notificaciones surrealistas que ha recibido este mes para cumplir una pena de 3 años. El Estado no está satisfecho con secuestrar durante décadas a nuestro compañero, que ahora quieren volver volver a encerrarlo. Le quieren cautivo, callado y subordinado, pero no permitiremos que jueguen con su libertad una vez más. ¡Por la destrucción de las prisiones!

    LA SOLIDARIDAD ES MÁS FUERTE QUE SUS CELDAS

    ResponderEliminar