3 jul 2012

Urxente!!!! Detido un anarquista en Santiago de Compostela. / ACTUALIZACIÓN: dous detidos máis

Segúndo varias informacións chegadas nosa redacción, onte sobre as 18 horas un anarquista foi detido en Santiago de Compostela. Ao parecer o arresto o efectuaron dous secretas da brigada de información, e sería tan infame sección policial quen o estaría a interrogar aínda nestes momentos e os que levarían a investigación.
Pese ao intento de persoarse no caso de avogados cercanos ao movemento, a policía mantén ao detido incomunicado, pois afirman que pediu un letrado de oficio (extremo que negan no colexio de avogados). O que sí que trascendeu (ou iso parece, pois as informacións aínda son moi confusas) é que lle imputan cargos de desordes públicas, pero non sabemos ben o porqué.
O xuíz Vazquez Taín, que semella querer facer méritos para ver se o ascenden á audiencia nacional, pois é o responsable de varias persecucións políticas, como o caso dos animalistas detidos (aquí) ou o da Sala Yago (aquí), podería estar detras deste arresto, segundo a información aínda confusa que manexamos nesta redacción.
Nos momentos nos que esto escribimos o detido aínda non pasou a disposición xudicial, polo que podería ficar baixo arresto ata o día de mañá.
Hai informacións que apontan a que puideron realizarse rexistros domiciliarios (non está confirmado) e que poderían practicarse novas detencións. Así que estade atentxs. Seguiremos informando.
------------------------------
ACTUALIZACIÓN (14:21h)
Parece ser que dúas persoas máis, atoparíanse baixo arresto polo mesmo caso. Non temos máis información polo momento pero seguiremos informando.


Nova elaborada por C.R. a través de diversos testimonios directos chegados a nosa redacción.

2 comentarios:

  1. Algo estaremos facendo ben...

    Graciñas pola info, haberá que andar ó lorito de actualizacións da info.

    ResponderEliminar
  2. hay alguna novedad?¿mantenernos informadxs q no sale nada en ninguna parte

    ResponderEliminar