23 jul. 2012

Actualización da situación de Amadeu Casellas.

Segundo información recollida de abajolosmuros, actualizamos a situación rocambolesca de Amadeu, da que xa falamos hai pouco nestoutra notícia na que falavamos do seu reingreso en prisión en 12 de xullo pasado, mais agora vimos de saber por palabras do proprio Amadeu que ven de recebir unha nova notificación do seu ingreso na prisión no vindouro 29 de xullo.

De seguido colamos a notícia ao respeito.

O pasado 2 de xuño notificase a Amadeu Casellas que ten que presentarse na sala novena da Audencia Provincial de Barcelona, unha vez alá élle notificado que ten 10 días para ingresar na prisión de Manresa para cumprir unha pena de tres anos. Pedese, mediante recurso, que lle sexan abonados dos 8 anos que a “inxustiza” do Estado debelle e que eles mesmos recoñecen despois dun duro periodo de luita que consegue rachar o encerro.

Despois de visitar o Xulgado de vixiancia, o cárcere de Manresa e diferentes reunións, con o gallo de poder reconducir esta “ilóxica” situación , dinlle que non poden “atender” este recurso porque como aínda non ingresou na prisión non teñen número de “expediente” e prometen que unha vez ingrese no cárcere, será atendido dunha maneira “rápida”.

Xa é incríble só pensar que unha persoa poida estar encirrada durante oito longos anos sabendo que está sendo secuestrado, pero que todavía se teña a desfachatez de dicerlle a esa mesma persoa que volva entrar en prisión para poder atender o seu “expediente” só pode vir de man dun estado vengativo e noxento.

Cómo non podía ser doutra maneira Amadeu non se conforma e segue luitando pola sua libertade, despois de diferentes reunions desde o Secretariado Xeral de Prisións de Catalunya sonlle abonados dous anos e oito meses de prisión, pero que non poden anular a orden xudicial de ingreso, ofrecenlle un terceiro grao con carácter de condicional.

O seguinte paso é a Audencia Provincial de Barcelona, onde o presidente acaba anulando a orde de ingreso efectiva para o 12 de xullo, queda pendente toda a burocracia nos diferentes xulgados e as audiencias ante o xulgado de vixiancia para que a condena quede totalmente anulada.

En resumo, como xogar con a vida, con as expectativas dunha persoa, levala ao maior nivel de incertidume, algo tan sádico só pode sair do lado dun Estado miserable e manipulador.

Hoxe comunicanos Amadeu que volveu a ser notificado o seu ingreso en prisión o vindouro 29 de xullo, Incríble pero certo! Se non fora certo, incluso podería parecer unha broma macabra de mal gosto, pero esta é a cruda realidade das leis burguesas, os seus centros de exterminio e os seus “erros de cómputo” que necesitaron de ata tres greves de fame, para que tomasen a decisión de poñerse a contar.

Sabemos que durante o mes de agosto e primeiros de setembro será moi difícil poder mover cualquer tema que teña a ver con a burocracia legaloide burguesa, polo que en caso de facerse efectivo o seu ingreso, o compañeiro estará exposto a cualquer tipo de manipulación, provocación, montaxe, etc que dificulte a sua posta en libertade.

Agora é o momento de estar preparadas para enfrontar de novo à besta, luitar con a nosa mellor arma: A Solidariedade.

Amadeu Casellas Ramón non está só, a sua libertade é a nosa, a sua luita é a nosa. A sua opción nunca foi o silencio e a nosa tampouco.

POLA LIBERTADE!

POLA SOLIDARIEDADE!

POLA ANARQUÍA!

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIONS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario