Un oficial morto, ademais de cinco uniformados e tres presos feridos, é o saldo que deixou un motín que estalou este domingo 20 de maio nun cárcere federal de Estados Unidos, que funciona baixo concesión privada.
Os disturbios, que tiveron lugar no centro correccional do Condado de Adams, no sueste do estado de Mississippi, foron protagonizados por entre 200 e 300 presos, na súa maioría inmigrantes indocumentados.
Durante varias horas, os amotinados mantiveron uns 24 reféns, ata que o persoal da prisión retomou o control, segundo informou o sherif Chuck Mayfield.
Silencio oficial
As autoridades carcerarias non aclararon as razóns do levantamento, nin as circunstancias da morte do uniformado. Só puntualizaron que o garda morreu cando era trasladado a un hospital. Os cinco oficiais feridos, en tanto, foron levados a un centro sanitario local onde os atenderon por lesións que non puxeron en perigo a súa vida.
O xuíz de instrución do condado de Adams, James Lee, tamén confirmou a morte do garda, pero aclarou que non estaba en condicións de facilitar máis detalles. Non obstante, segundo unha versión, a violencia estalou na prisión polo mal trato propinado polo persoal da prisión.
As autoridades de Mississipi anunciaron que a orde no cárcere foi restablecida durante a noite do domingo, horas despois de que comezase, e polo momento a situación está baixo control.
A compañía estadounidense Corrections Corp. of America é dona da prisión e tamén a administra.
Neste cárcere están recluídos os inmigrantes indocumentados, na súa maioría acusados de reingresar a EE. UU. tras ser deportados.
O centro de detencións Adams ten capacidade para máis de 2.500 de inmigrantes indocumentados reincidentes.
Tirado e traduzido de actualidad.rt.com
22 may 2012
[EEUU] Motín nun cárcere privado para imigrantes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario