2 abr 2012

Lume nas Fragas do Eume

Unha auténtica catástrofe, o bosque atlántico máis grande de europa é pasto das lapas. A estas horas continuan as labores de extinción para sofocar o lume. Segundos datos facilitados pola Xunta arderon 750 hectareas (500 de arborado) do parque natural, aínda que da xunta eu non me creo unha merda, pois son os mesmos que para calmar a opinión pública ante a recente vaga de lumes anunciaron o comezo da "campaña de prevención de incendios" sen contratar nin a unha soa persoa en toda Galiza, únicamente activando a garda civil que, ademais de estar xa contratados, xamais apagan un lume. Iso si, a administración queda cojonudamente sen gastar un peso e aparentando facer o que non fan.
Ainda que son moitos os intereses económicos que axexan a este lugar maravilloso (presas hidroeléctricas, plantacións de eucaliptos e proxectos de celulosa, a térmica de as Pontes, o proxecto de mina de andalucita...), non imos sinalar culpables directos tan cedo... polo de agora.
Os lumes que todos os anos asolan Galiza cóbranse agora un dos máis grandes tesouros naturais que os galegos deberiamos ter que gardar e conservar como o que son, a maior das nosas riquezas. Nin todo o ouro do mundo, nin a máis exitosa industria ten comparación cos nosos patrimonios naturais. Di moi pouco de nós, habitantes de Galiza, que cada ano un anaco máis grande do noso mellor patrimonio sucumba ante o lume, o bulldozer, o eucalipto, a contaminación ou a insufrible voracidade industrial e urbanística. Hoxe sucumbe unha parte importante do que, para quen isto escribe, é o lugar máis máxico do mundo enteiro. Onde arderá mañá?
Ata cando estamos dispostos a aturar isto?
C.R.

Estanse a difundir pola rede as seguintes convocatorias das que dende aquí nos facemos eco. Na convocatoria de Pontedeume, ademais, preténdese impulsar unha "Plataforma en Defensa dás Fragas do Eume". Aquí tedes a mensaxe á que tivemos acceso promovida dende "Galiza non se vende":

CONCENTRACIÓNS CONTRA A QUEIMA DO PAÍS PARA BENEFICIO DE SUXOS INTERESES EMPRESARIAIS*


Desde a rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” apoiamos as concentracións convocadas para o día de hoxe luns 2 de abril, en distintas cidades do país, en resposta ao desastre intencionado das Fragas do Eume.


*Mobilízate contra os que queiman o país e os que o consenten coa sua nugalha!

Horarios das concentracións cidadáns que se están a convocar para hoxe, luns 2 de Abril, ás 20:30:

A Coruña: nos Cantóns;
Vigo: no Sereio;
Compostela: no Obradoiro;
Pontevedra: na Ferrería;
Lugo: diante do Concello;
Ourense: diante do Concello
Pontedeume ás 20:00 diante do Concello.

ESPALLA! REACCIONA!*


Este incendio é gravísimo, non é un incendio máis, nin é un acidente casual, asemella ser unha operación premeditada, igual que muitos dos lumes nos últimos anos.
Os montes que están ardendo son «zonas eólicas» e «zonas forestais», a «repoboar» con muiños e eucaliptos.


Queimar as Fragas do Eume e rebaixar o seu gran valor natural beneficia a muitos intereses:

1. *Proxecto de Celulosa nas Pontes.* Precisa dun área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían un gran crecemento. O sector madeireiro leva anos comprando parcelas na zona.

2. *Plano de Restauración da Mina das Pontes.* Segundo o proxecto é imposíbel evitar as filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación contínua no río Eume. Ao ser um espazo protegido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.

3. *Minas de andaluzita.* Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e surafricano a carón das Fragas do Eume que provocaría un grande impacto neste espazo natural.
4. *Proxeto de novo encoro no Eume.* O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento da clausura da mina das Pontes.



1 comentario:

  1. Como sigamos neste plan, algún día todos os bosques serán de árbores coma éstes...

    http://www.taringa.net/posts/ecologia/11474759/Treepods_-arboles-artificiales-para-limpiar-el-aire-de-la-c.html

    Lume contra quen causa o lume!

    ResponderEliminar