23 mar. 2012

PARA PODER MIRARNOS AOS OLLOS

Reproducimos o seginte chamamento a un "BLOQUE NEGRO NA MANIFESTACIÓN DO 29" que chegou ao noso correo (a foto, dunha folga nos anos 30, puxémola nós):

PARA PODER MIRARNOS AOS OLLOS

O poder non se vai desintegrar voluntariamente. O sistema que tende a aillarte, explotarte, e arrodearte dunha miseria opulenta e tóxica, non vai caer por si solo. Aínda máis: en tempos de crise, cando a máquina non funciona ben, estréitase o cerco da dominación. Máis explotación, máis aillamento, máis miseria. De agora en diante as únicas ofertas de traballo que atoparás son de madero ou escravo. Loitar por manter a miseria ou contra ela?

Hoxe por hoxe a posibilidade de desmantelar o Sistema semella moi lonxana. Pero a dicotomía cada vez é máis clara: ou aceptamos o disciplinamento crecente ata non se sabe qué límite (guerra, dictadura...), ou o enfrontamos.

Pero confésoo: xa non me gustaba cando funcionaba «ben». Non loito por un grao «aceptable» de explotación, toxicidade, e miseria afectiva. Quero a súa completa desaparición. Para iso creo necesario un amplio desorde que paralice e faga irreversible a volta ao funcionamento da Máquina. É unha grande tarefa, pero acaso hai outro modo?

Non vai chegar un día no que de repente, unha chea de xente se decida a acabar con esta miseria e actúe dun modo certero e efectivo. Unha tarefa tan inmensa precisa de coñecementos, dunha experiencia vivida, dun percorrido.

O modo de conseguilo é xerar trastornos crecentes. Para entorpecer o normal funcionamento do sistema e dificultar ou impedir a súa recuperación. Dun xeito progresivo, aproveitar as diferentes ocasións para dar un pasiño máis. Aprender tamén a xerar novas oportunidades de negar o que nos nega, contra toda autoridade. Tamén contra as autoridades “aprendidas” que levan consigo as ataduras morais nas que nos formamos como persoas.

Vencer o aillamento e facer calar a voz que di “xs outrxs aceptan”. Non estás sóx, hai máis persoas nas que a rabia contra este sistema destructivo xa prendeu e xa están decididxs a actuar. As accións fan ás persoas. E as accións xuntan ás persoas.

Un percorrido para aprender a facelo, para aprender a paralizar o sistema e atopar ocasións de destruir as súas infraestructuras. Para darnos o tempo e mirarnos aos ollos.

ISTO NON CAE SE NON EMPUXAMOS
POR UN BLOQUE NEGRO NA MANIFESTACIÓN DO 29


2 comentarios:

  1. Dúbida compañeirxs, co da mani do 29, se refire á de Compos, pola folga salvaxe, ou á mani xeral...?.

    ResponderEliminar
  2. O texto chegounos ó correo tal e como o subimos ó blog. Así que a iso só pode respostar o autor.
    Saude!

    ResponderEliminar