28 mar 2012

Folga 29M Actualización (Galiza)

Neste blog xa anunciamos a convocatoria para o 29 de Marzo (día da Folga Xeral) dunha manifestación en Santiago de Compostela que sairá da praza de Cervantes ás 18:00 horas co lema "Contra o Capitalismo, pola Folga Salvaxe".
As manifestacións mañaneiras dos sindicatos oficiais tamén terán os seus bloques críticos, como é o caso da de Lugo (xa anunciado tamén neste blog aquí), ás 12:30 no parque de Frigsa, ou a de Santiago de Compostela, prevista para as 12:30 na Praza Roxa.
Tamén en Compostela se okupou a facultade de historia para realizar palestras, debates, proxeccións e outras actividades para a axitación de cara á folga xeral
Pola súa banda, a C.N.T. chama dende a súa páxina web "ás mobilizacións unitarias convocadas polos sindicatos", mentres que unha mensaxe chegada ó noso correo remítenos os seguintes vídeos:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Sr_gCVOTlIk
http://www.youtube.com/watch?v=sdo9a3pTp9s&feature=channel
A outra anarcosindical, a C.G.T., convoca na súa web a unha manifestación en Pontevedra (xunto coa C.N.T.) que sairá ás 13:00 horas da Praza da Ferrería, e outra en Coruña, xunto coa C.U.T., ás 12:30 horas na Praza de Portugal.
Ás 11h no quiosco da Praza dos Cabalos reunirase o "bloque ruidoso" que percorrerá as rúas de Vigo xunto á manifestación convocada por CGT, CNT e CUT (máis información ao final da nova)
Outra interesante convocatoria para ese día é o chamamento en Coruña para unha "Folga Social" do que nos facemos eco dende aquí:
#29Mcoruna
"Nin reforma laboral nin precariedade social"

#PiqueteFolgaSocial
..veciñxs, migrantes, precarixs, estudantes..
...
23:30 en ATENTO
11:00 Central de NovaGaliciaBanco
14:00 Obelisco (xantar colectivo-trae o teu bocata)
16:00 * Asamblea aberta
* Piquete

dereito a vivenda, educación e sanidade públicas, contra o pago da débeda ilexítima, por unha fiscalidade redistributiva, contra a destrucción do público, contra o expolio do común #29Mcoruna #folgasocial

"O medo nunca conquistou dereitos. #29Mcoruna #folgasocial"

Dirixímonos a todas aquelas persoas que non están rexistradas nas estatísticas oficiais, pero que igualmente experimentan o pesadelo do paro. Dirixímonos á xente semi-empregada, a persoal de empresas de traballo temporal, a quen carece de seguridade social, a quen traballa con quendas flexibles, a quen non ten convenio colectivo, a quen ten contratos a destallo, a quen experimenta as ameazas do patrón, que se enfrontan ao perigo do despedimento e o paro.

Dirixímonos a quen se ve na obriga de aceptar traballos sen cobrar coa esperanza dunha oportunidade de volver a traballar, a quen se lle nega a indemnización por despedimento debido á suposta "insolvencia" do empresariado, a traballadores e traballadoras que están en folga e levan a cabo ocupacións e mobilizacións para protexer os seus empregos e os seus dereitos.

Tamén nos diriximos á xente que traballa na agricultura e gandeiría que están a ser aniquiladas, a profesionais individuais ou de micropemes que tiveron que pechar a causa do ataque dos monopolios e da liña política de austeridade contraria ao pobo que ataca ás familias obreiras e populares.

Todos vós, así como toda persoa traballadora hoxe en día, entende mellor que esta "xungla" laboral é cada vez maior e estase a converter na norma xeral que, con maior ou menor rapidez o FMI, o gran capital, os seus gobernos e a UE tentan impor en todo centro de traballo. Por iso non hai tempo que perder.


Reproducimos agora a convocatoria e o panfleto para o "grupo ruidoso" de Vigo que chegou ao noso correo:

Algunhas persoas e grupos que temos afinidade á hora de traballar horizontalmente contra o capitalismo (e máis cousas) en Vigo, pensamos aproveitar o pequeno paréntese de liberdade conquistada que supón a folga xeral, para atoparnos e ir xuntas, a idea non é máis que discurrir polo espazo público expresándonos e reflexionando (da forma máis ruidosa posíbel) un pouco máis alá da reforma laboral e os recortes vindeiros...

Este xoves quedamos con quen queira acompañarnos ás 11h no quiosco da Praza dos Cabalos, a idea é participar na mani unitaria da CXT, CUT e CNT que sairá desa praza ás 11:30h.

A nosa proposta é facer un grupo ruidoso dentro da mesma, polo que animamos a todas a levar vuvuzelas, carracas, silbatos, cacerolas, bombos, ou o elemento ruidoso preferido, tamén é un bo día para levar unha pancarta propia, coa reivindicación persoal e intransferíbel que se queira compartir co resto do mundo...



Agora reproducimos o comunicado da Asociación de Sen Papeis da Coruña sobre a folga:

MANIFESTO DA ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA FRONTE Á GREVE XERAL DO 29M

A Asociación Sen Papeis da Coruña inclúese nesta LOITA, inclúese nesta GREVE XERAL… Apoiamos ao Bloque Autónomo porque ninguén nos representa, só nós mesmas… Moitas non estamos na rúa tan só pola ab...usiva e unútil Reforma Laboral… Estamos por un cambio profundo… Non queremos reformas! Queremos un cambio radical de abaixo cara a arriba e de dentro cara fóra! E ese cambio, ese camiño, queremos construílo nós!
Tamén vemos convinte lembrar que a greve é tan só unha das ferramentas desta loita, ferramenta necesaria, mais non suficiente. Debemos encher a nosa cotidianidade de accións e proxectos autoxestionados para construír ese outro mundo posible no que cabemos todas e todos!
Queremos reivindicar a transversalidade QUE DEBE ACOMPAÑAR ao grande traballo que queda por diante e que vén de moitos anos atrás; pois A REVOLUCIÓN SERÁ MIGRANTE OU NON SERÁ! SERÁ
FEMINISTA OU NON SERÁ! SERÁ PRECARIA OU NON SERÁ! SERÁ AUTÓNOMA OU NON SERÁ! SERÁ HUMANA OU NON SERÁ!
Non podemos esquecer que non estamos fronte a unha crise puntual, senón ante un sistema, o capitalista patriarcal, que agonizante, pretende manter os privilexios dunha porcentaxe mínima da poboación mundial fronte á maioría explotada, humillada, ignorada, enganada…
Sinalemos tamén a hipocrisía deste sistema que se enriquece a costa do traballo precario e escravo das persoas migrantes e despois lles chama “ilegais” chegando a criminalizar ás persoas sen papeis, ás que polo que demostran, deixan de considerar persoas.
Cabe lembrar tamén que o colonialismo non pasou á historia! Existe unha criminalización de xentes valentes de países expoliados por reclamar o seu, por reclamar a soberanía alimentaria e negarse a que se denigre ecoloxicamente a súa terra en pro do consumo voraz de occidente, fronte a isto berramos: QUEN É O PIRATA?
Aproveitamos para insistir na NECESIDADE de saber o que é e o que supón a SOBERANÍA PARA TODOS OS POBOS DO MUNDO.
Reinvindicamos unha LOITA EMPÁTICA, unha LOITA SOLIDARIA, na que profundicemos sobre os motivos e consecuencias da situación actual que veñen de moi lonxe, non só dos últimos 5 anos. Reivindicamos a UNIÓN desde hoxe e aquí dos colectivos que conforman o BLOQUE AUTÓNOMO para intermesturarnos e darnos
forza mutua, porque a miña loita é a túa, porque a túa loita é a miña... PORQUE TODAS SOMOS
MIGRANTES!
Aínda que, como apuntabamos antes, a situación das persoas migrantes e sen papeis é VERGOÑENTA, INXUSTA e INDIGNANTE DENDE SEMPRE, queremos deixar información sobre os acontecementos recentes que afectan psicolóxica, corporal e emocionalmente ás persoas migrantes sen papeis adicadas á venda ambulante e ao top manta nesta cidade, así como ao resto de xente que amamos a estas persoas e loitamos con elas porque
consideramos que sobrevivir non é delito nen competencia desleal!
O acoso por parte da policía, dirixida á súa vez por unha clase política e algunha Asociación de Comerciantes DESHUMANIZADA, IGNORANTE E CRUEL, É INTENSÍSIMO, ISTO NON SE PODE ATURAR! E todas somos responsables á hora de tomar medidas!
En sucesivas ocasións o REINO DE ESPANHA TEN SIDO CONDENADO POR ESTE TIPO DE PRÁCTICAS. As preocupacións expresadas por organismos internacionais (Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE, Comité da ONU contra a Tortura) pola falta de estatísticas oficiais en relación ás prácticas racistas e
discriminatorias no Reino de Espanha así como polas actuacións dos corpos policiais nos espazos públicos baseadas no perfil racial das persoas identificadas.
Neste respecto a Asociación Sen Papeis da Coruña denunciou os feitos protagonizados por axentes sen escrúpulos que persiguen, ameazan e maltratan a persoas coma ti, persoas coma min…. Persoas que un bo día, decidiron marchar a buscar a vida a terras lonxanas… Lembras? Como a túa avoa, ou túa nai, ou teu pai, ou teu tío, ou túa irmá, ou ti mesma….. persoas cheas de vida e ilusións, que nos regalan novos sabores, novos cantos, novas formas de ver a vida. Así que precisamos folgos! ánimo! afecto! Pero sobre todo implicación e apoio, porque insistimos, esta
loita é de todas e todos!

NINGUNHA PERSOA É ILEGAL!! NON Á PRECARIEDADE SOCIAL!!
Contacto Asociación Sen Papeis da Coruña: senpapeiscorunha@gmail.com


Acudiremos á mani covocada por CGT e CUT ás 12:30h que sae da Plaza de Portugal e logo comeremos no Obelisco, onde temos moito que dicir........ ÚNETE! DIFUNDE!

Seguiremos informando de estas e outras convocatorias para a Folga do 29M.

No hay comentarios:

Publicar un comentario