1 feb 2012

Ponte Docu: Xoves 2 de febreiro: FÁBRICAS RECUPERADAS EN ARXENTINA BAIXO CONTROL OBREIRO (Ponteareas)


Este Xoves, 2 de febreiro as 21h., proxección do documental "Chilavert Recupera" e "Obreras en Lucha".
Son dúas curtas de o Grupo Alavío, que falan das fábricas recuperadas polos traballadores en Arxentina.
O Grupo Alavío é un colectivo adicado á produción de materiais audiovisuais que retratan os conflitos sociais e a loita dos traballadores. Despois da crise financieira de decembro de 2001 en Arxentina, foron moitas as empresas en xeras as que decidiron despedir os traballadores e trataron de desmantelar as fábricas, collendo as máquinas e os consumibles que eran parte do proceso de produción. Non contaro coa férrea resistencia dos traballadores. Dende ese momento cambia a relación de forza. Baixo control obreiro resístense os intentos de desaloxo e nacen varias cooperativas de traballo. Comeza unha nova etapa de solidaridade e construción de organización popular.
A imprenta Chilavert foi unha das primeiras fábricas da capital arxentina en ser expropiada. En outubro de 2002 eran oito os traballadores da cooperativa; a día de hoxe xa suman dezaséis.
Actualmente, na cooperativa textil Brukman, traballan sesenta e oito persoas, pero cando empezaron só eran cincuenta e dúas.
No entanto, tanto o caso da Cooperativa Chilavert Artes Gráficas como o da Cooperativa de Traballo 18 de

No Enigma-Cafe Bar, rúa Real 27, Ponteareas

Enviado o noso correo polo Ateneo Libertario Lume Negro
lumenegro.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario