A Asociación recén criada "Madres contra la Impunidad, in memorian de Xosé Tarrio - Diego Viña" ven de notificar a nova páxina que substitue a existente de preSOS. Sinalan nun correio recebido nesta redacción que "Criamos esta ferramenta para permitir unha mellor difusión da situación que están a vivir os familiares das persoas presas e para resgatar dados e feitos que non deben quedar no olvido, dado que semella que a historia repitese unha e outra vez.
Podedes visitala e aceder a documentación en aberto neste enlace: Nais contra a Impunidade
- No apartado de preSOS estám a subir documentación actual e histórica das temáticas: SIDA e Cárcere, FIES = Cadena Perpetua e Extranxería, e faltan por construir: Mulleres e Cárcere e mais Minores. A ideia é subir gran parte da documentación que levan compilando durante istos anos ( informes, estudios, dados, denuncias, feitos históricos )
- No apartado da Asociación de Nais, incluimos un grupo xenérico de "Mortes baixo custodia", "Torturas e maus tratos", ademáis dun específico de Diego Viña , ademais tanto Xose Tarrio como os outros casos que se estiveron levando desde a Comisión de Denuncia de Galicia terán o seu apartado documental tambén.
8 feb 2012
Nova página web da Asociaçom "Nais contra a Impunidade"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario