6 feb 2012

Algunhas accións anarquistas nos últimos días arredor do mundo

Isto é un pequeno compendio de accións directas anarquistas sucedidas nas últimas semanas e que nos atopamos pola rede:

Un comunicado aparecido en catalán en “Indymedia Barcelona” (aquí) e en castelán en “Culmine” (aquí) reivindica a sabotaxe con lume, o pasado 24 de xaneiro, do cadro eléctrico do club social elitista Arsenal, no barrio rico barcelonés de Bonanova.

En EEUU, varias comisarías, oficinas de Wells Fargo e outras empresas foron atacadas con pedras e pintadas en solidariedade cos rebeldes de Oakalnd e coas recentes detencións tras da tentativa de okupación do movemento “Occupy Oakland”. Reivindicacións destas accións en “Anarchistnews” aquí, aquí, aquí e aquí, e neste blog sobre os disturbios de Oakland aquí.

En Indonesia un grupo dunhas vinte persoas atacaron unha estación de policía en Mamosalato con pedras e cocteles molotov o pasado 2 de febreiro. Aínda que non atopamos a reivindicación directa destes feitos, semellan ter relación cun incidente o pasado agosto no que dúas persoas morreron no medio de fortes disturbios no depósito petrolífero de Tiaka. Máis info aquí en inglés e aquí en castelán.
Lembramos tamén que estes días en Indonesia xulgan a dous anarquistas, Eat e Billy, por un ataque incendiario a un banco en solidariedade co activista chileno preso Tortuga. Máis info aquí en castelán e aquí en inglés.

Nos dous últimos meses moitas sedes de “Rusia Unida”, partido no poder en rusia, sufriron ataques incendiarios. Info en cúlmine aquí.

En Grecia, o 4 de febreiro un grupo de uns 60 encapuchados atacaron con paos e pedras a residencia do presidente do goberno, a caseta de seguridade e varios coches oficiais. Pese á contundente actuación policial todos conseguiron fuxir. A nova en “Contra Info” aquí.
O mesmo día unha manifestación de máis de 4000 anarquistas percorreu o centro de Atenas en repulsa ó estado de emerxencia. Video da mani e noticia ampliada neste mesmo blogue aquí.

Con toda certeza estas non sexan as únicas accións anarquistas sucedidas nos últimos días arredor do mundo, pero é un pequeno compendio das máis destacadas das que nos atopamos pola rede e das que aínda non nos fixeramos eco.

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario