9 ene 2012

O "grupo de arte Voina" queima un camión da policía en San Petesburgo (Rusia)


O pasado 31 de decembro un camión dos que a policía rusa emprega pra trasladar detidos quedou completamente calcinado na última acción do controvertido grupo artístico "Voina". Este grupo xa saltara á fama internacional con diversas accións "artísticas" coma pintar un impresionante falo de 65 metros nunha ponte levadiza de San Petesburgo, de tal xeito que ó levantar a ponte o inmenso membro viril erguíase fronte o edificio do F.S.B. (antiga K.G.B.), ou por pechar o restaurante dunha celebridade televisiva do Kremlin soldando planchas de metal nas súas portas e deixando encerrados dentro ó máis selecto do “pijerio” moscovita.
Varios dos seus membros atópanse perseguidos ou na cadea por mor das súas accións, pese a que o famoso artista Banksy vendese unha das súas obras coa intención de pagarlles a fianza.
Nesta ocasión, a acción “Fodido Prometheus”, como denominaron á queima do camión policial, adicárona ós presos políticos rusos, entre os que evidentemente atópanse os seus colegas, así coma ofrecérona como “agasallo” a todo o pobo ruso. O seu espírito libertario reflíctese no comunicado, no que manifestan: “¡Imos destruir toda-las prisións! ¡Liberdade para todo-los presos políticos! ¡Os policías non nos foden – nós fodemos ós policías!”. Pero non é a primeira vez que o “grupo artístico Voina” ataca as forzas de seguridade, pois na acción “a caída do palacio” voltearon sete coches patrulla, un deles fronte ó Museo de Rusia no Palacio Mikhailovsky de San Petesburgo.
Este controvertido grupo artístico leva en funcionamento dende o 2007 e, sen contar con esta última acción, as súas actividades “artísticas” (que algúns gustan chamar “performances” ou “flashmob”) xa lles acarrearon 15 procesos legais e máis de 14 anos de petición fiscal para algún dos seus membros. Sen embargo iso non impediu que conten co recoñecemento de certo sector do “artisteo” internacional e, incluso, coa concesión do prestixioso premio Innovatsia, que, como é de supoñer por motivos de clandestinidade, ninguén pasou a recoller.
O grupo, que dín que agora conta con máis de 300 membros, realizou moitas accións “artísticas” nos seus cinco anos de historia, todas elas reivindicativas e nun “crescendo” na súa transgresión legal. Entre outras destacan: a realización dun concerto “punk” en medio dun xuizo; besar policías polas rúas; saltar enriba de coches das forzas da orde cos seus tripulantes dentro; facer unha orxía diante das camáras dos periodistas no museo de bioloxía de Moscú ou a expropiación dun polo do supermercado introducíndoo na cona dunha das activistas (sí, sí, non leichedes mal, ¡na cona!).
Independentemente do que un poida pensar do arte moderno, semella que estes artistas tomanse en serio o seu propio nome, pois Voina quere decir guerra en ruso.

Enlace á páxina do grupo: -aquí e a entrada da acción na súa páxina (en ruso): -aquí
Nós atopamos a nova na páxina en inglés anarchistnews.org -aquí
O resto da información coa que elaboramos a nova a atopamos en peródicos comerciais e diversas páxinas de internet.

C.R.

Aquí van fotos de diversas accións do grupo:










2 comentarios:

  1. Lémbrame ós motherfuckers ou á internacional situacionista.

    ResponderEliminar
  2. o que se mete pola cona non é un xelado, é un trozo de carne...

    ResponderEliminar