26 dic 2011

!Morte ao faranduleo! ¡Viva Conde Droga!

A continuación reproducimos o texto dun panfleto atopado durante as últimas datas na cidade de Compostela:

O noso benquerido alcalde D.Xerardo Conde Roa, entrou por todo o alto na lista de rexidores que se enfrentan aos okupas e forzan desaloxos policiais por un problema que chegan a facer case persoal.

Para nós non simboliza nin importa nada a cor política desta personaxe, que non deixa de ser un político ao fin e ao cabo; xa temos probado todos os sabores de personaxes desta ralea, e Conde Droga é sen dúbida o máis saboroso. Lonxe quedan eses "izquierdosos cidadanistas" como Xerardo Estévez, un bo socio listo, ou as promesas cumpridas de man dura dos nacionalistas Néstor Rego ou Encarnita Otero, que da forma sibilina mais eficaz pechaban os nosos locais e nos reventaban a ostias. Mención aparte merece o otrora maoísta Sanchez Bugallo, sempre preocupado de limpar a rúa, pero carente de firmeza e determinación á hora de expresar as súas verdadeiras conviccións, que como as de todos estes cuatreros son canto menos filofascistas. Alén disto, o noso novo alcalde, connosco, é moito máis sincero que os anteriores , de feito atrévese a dicir o que os outros só falaban ás agochadas, ten espirito de auténtico cowboy e facer fai o mesmo que o resto, falar coa policía para que nos inflen. A min persoalmente dame igual que retiren a subvención a uns cantos crápulas para darlla a outros algo máis dereitosos.

Bugallo, Otero, Rego...probaron a nosa menciña e agachaban a cabeza, mais o novo alcalde de Santiago, fachendoso e falangueiro, lonxe diso quere ser máis macarra que ninguén. Haberá que baixarlle os fumes.

!Morte ao politiqueo! ¡A revolta está na rúa!

2 comentarios:

  1. "Bugallo, Otero, Rego...probaron a nosa menciña e agachaban a cabeza, mais o novo alcalde de Santiago, fachendoso e falangueiro, lonxe diso quere ser máis macarra que ninguén. Haberá que baixarlle os fumes."

    Certamente sí, o chorvo vai de listo e nunha destas vai levar un susto... tempo ó tempo. Quen sementa miseria, recolle raiba.

    ResponderEliminar
  2. Acción solidaria do grupo de teatro "Animalario" cxs okupas da Sala Iago.
    Os actores Luis Bermejo, Nathalie Poza e Willy Toledo apoian a toma da Sala Iago como espazo cultural:

    http://galiciaconfidencial.com/nova/9250.html

    ResponderEliminar