Onte 6 de decembro cumpríase o terceiro aniversario da morte do anarquista de 15 anos Alexandros Grigoropoulos a mans da policía grega, feitos que supuxeron o detonante da revolta grega de decembro do 2008. En conmemoración daquel suceso ás rúas de Atenas voltaron os disturbios, as pedras e os cocteles molotov.
Xa dende a mañá houbo concentracións de protesta, bloqueos de rúa e enfrontamentos coa policía (incluído un asedio a unha comisaria), pero non foi ata o medio día que comezou a primeira manifestación multitudinaria, a convocada polos estudantes, que congregou a máis de 5000 persoas segundo os medios contrainformativos. A multitude marchou ata o parlamento, onde rexistráronse fortes choques entre os alumnos e a policía antidisturbios.
Pola tarde outra manifestación convocada por asociacións universitarias, grupos de esquerda e antiautoritarios congregou a preto de 4000 persoas. Nesta ocasión tamén producíronse disturbios que continuaron no barrio de Exárjia ata ben entrada a noite.
Noutras cidades coma Agrinio ou Tesalónica tamén rexistráronse disturbios.
Nós tiramos a información das páxinas contrainformativas "verba volant" (Aquí en español e Aquí en portugués) e en "Contra Info" (Aquí). A foto collímola en "vivalaanarquía" (Aquí). Páxinas, todas elas, onde poderedes atopar máis información, imaxes e videos da xornada.
7 dic 2011
Disturbios en Grecia a tres anos da morte de Alexandros Grigoropoulos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario