10 nov 2011

Intoxicación de persoas presas no C.P. Albolote (Granada) a causa da subministración de auga.


Están sen auga corrente dende hai dúas semanas, tendo que comprar auga embotellada. Os primeiros días houbo presos con problemas de deshidratación, segundo parece, por non ter diñeiro para comprar botellas de auga.

Pídese que se escriba ou se envíen faxes á prisión, para facer presión

NOTICIAS DENDE O CÁRCERE DE ALBOLOTE

LUNS 31 OUTUBRO 2011

Dende dentro do cárcere de Albolote, chegáronnos informacións sobre a alarmante situación que se está a vivir agora, en relación coa intoxicación masiva de presos, da que se facía eco o pasado 13 de outubro no xornal “Ideal”.

A causa desta intoxicación, que a día de hoxe xa afectou a preto de 600 presos, segundo fontes do interior do cárcere, débese a problemas coa auga, aínda que non se deu información sobre a causa aos presos nin aos seus familiares.

Dende o día 13 de outubro, moitos presos xa sabían que a auga se atopaba en mal estado, pero mentres a dirección do centro penal adicábase a desinformar á opinión pública, facendo falsas declaracións ao “Ideal” sobre supostas gastroenterites, os presos con algúns recursos tiveron que empezar a mercar auga do seu propio peto, e aqueles que non tiñan diñeiro tiveron que optar por non beber auga, ou bebela en mal estado.

As consecuencias da nefasta xestión do problema por parte das autoridades penais, causou e segue a causar a día de hoxe numerosos casos de intoxicación, con diarreas, vómitos e dores estomacais e problemas de deshidratación. Sen contar coa carga económica que está a supor para aqueles presos que “poden” mercar auga.

Sábese que a institución estivo a repartir protectores estomacais e que se estivo suministrando suero a presos que se atopaban en grave estado de deshidratación, pero chama enormemente a atención que aínda non se repartiran botellas de auga a estas persoas para evitar que sigan a enfermar.

Tamén chama a atención que dita situación, que a día de hoxe aínda non se resolveu, non tivera mais eco en medios de información locais, á parte de dous artigos no Ideal o día 13 de outubro, nos que se apuntan todo tipo de causas, pero non a verdadeira causa do problema.

Esiximos unha explicación real sobre as causas que ocasionaron a intoxicación da auga, tanto ás persoas internas, como aos seus familiares e á opinión pública.

Esiximos que se proporcione auga potable gratuíta a todos os presos, pondo fin a esta situación sen que teñan que ser as persoas privadas de liberdade deste centro as que asuman todas as consecuencias, físicas e económicas.

Esiximos depuración de responsabilidades á institución penal, por abandono de funcións, ao non cumprir coa súa obrigación de prover dun ben tan básico e necesario como a auga potable ás persoas internadas no mesmo.

Envíen escritos ou chamen denunciando esta situación e expresando as suas esixencias a:
CARCEL DE ALBOLOTE
Carretera Comarcal 220, Km 6
18220 Albolote (Granada)
Teléfono: 958537200
Fax: 958537203

Proposta de texto:

Sr. Director del Centro Penitenciario de Albolote-Granada.
http://www.blogger.com/img/blank.gif
He tenido conocimiento de la grave situación de intoxicación de un gran número de personas que se encuentran presas y sujetas a la tutela de la institución penitenciaria. Sabemos que dicha situación se ha producido por el mal estado del agua, y que la dirección del centro no ha facilitado el agua potable necesaria a las personas que se encuentran encerradas en sus dependencias.
Y como el sistema penitenciario se sustenta de los impuestos de los contribuyentes, exijo una explicación sobre las verdaderas causas que han ocasionado la intoxicación del agua, tanto a las personas internas, como a sus familiares y a la opinión pública.
Exijo que se proporcione agua potable gratuita a todos los presos, poniendo fin a esta situación sin que tengan que ser las personas privadas de libertad de este centro, las que asuman todas las consecuencias, físicas y económicas.

[noticia extraída de Punto de Fuga]

No hay comentarios:

Publicar un comentario