Das 22 persoas imputadas pola Audiencia Nacional polo bloqueo do Parlament de Catalunya o pasado 15 de Xuño xa foron detidas 16, mentres que se espera a pronta detención dos restantes identificados. O asunto remóntase ós incidentes durante a manifestación promovida polo Movemento 15-M de Barcelona durante os que se mantivo bloqueada a entrada do parlamento catalán e se insultou , cuspiu e zarandeou a algúns dos parlamentarios.
O xuíz Eloy Velasco ordeou os Mossos d'Esquadra a detención destas persoas coa finalidade de fotografialas, fichalas e darlles unha citación pra declarar en Madrid diante da Audiencia Nacional. Procedemento irregular e pouco garantista posto que pra citar a alguén non é preciso arrestalo. A denuncia contra eles, admitida a trámite en Xullo, a interpuso o sindicato de ultradereita “Manos Limpias” e sería polos delitos de coaccións e ameazas, contra as institucións do estado e de sedición.
As primeiras catro detencións practicáronse o luns, a outros tantos os arrestaron o martes, mentres que o mércores foron dúas as persoas que pasaron a custodia policial. Durante o día de hoxe seis persoas que voluntariamente acudiron os xulgados barceloneses na compaña dos seus abogados foron tamén detidas por un pelotón de 65 antidisturbios que irrumpiu na “Ciutat de la Justicia” co fin de practicar os arrestos. O xuiz que levaba o caso tivo que inhibirse ante as ordes do xuiz Velasco, responsable de tan irregular operativo.
Os primeiros detidos xa se atopan en liberdade pero terán que declarar na Audiencia Nacional nos vindeiros días.
A nova a elaboramos con información extraída da prensa comercial, de “Alasbarricadas” (-aquí) e do “Semanari de Comunicació Directa” (en catalán) onde podedes atopar máis información (-aquí).
6 oct 2011
Xa van 16 detidos polo bloqueo do parlamento catalán o 15-J
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario