5 sept 2011

Gilbert Ghislain.- Noticias de Clairvaux 28 de agosto 2011

Saudos a todas e a todos,

Veño dar noticias da fronte. É un decir dado que, como en España, aquí a debacle tivo que se producir hai muito tempo e a resignación instalouse entre a gran maioría dos presos.

Clairvaux é un penal de máxima seguridade onde os presos están encirrados 10 ou 15 anos, numerosos son os que superan os 20 e alguns os 30 anos. Non é nin máis nin menos que un morredoiro. Aquí como en todos os penais, a xente ten moi pouca esperanza de sair a corto ou medio prazo e alguns non sairán nunca. Prácticamente todo esta autorizado: Computadora, forno, frigoríficos etc. A maioría dos tíos transforman as suas pequenas celas nun pequeno cuarto luxoso. Hai traballo para quen o desexe. Tratase, principalmente, de fabricar os zapatos dos carceleiros. Non é broma e ademáis está ben pagado. Como os detidos levan muitos anos e non teñen a ninguén para asistirlles, esta é a mellor solución que a Administración encontrou para que poidamos xestionarnos.

Somos alrededor de 150 detidos repartidos en dous módulos. Máis da mitade deses detidos non saen xamáis ao patio. Están encirrados na sua cela e so saen da mesma para ir traballar pola mañán. So traballase pola mañán. Non hai máis remedio que traballar para poder mellorar a dieta alimenticia e pagarse as novidades informáticas que permiten a muitos construirse unha realidade virtual e lúdica. Nembargantes instalarse e vivir nunha cela de Clairvaux non é sinxelo. As celas miden, no mellor dos casos, 7 metros cadrados. En 28 anos de prisión é a primeira vez que vexo celas tan pequenas. A sua dimensión non cumpre con a normativa europea, pero iso élle indiferente ao Estado Francés pois en materia carcelaria e xurídica, Francia prefire cometer infraccions e pagar as multas que lle son impostas.

É neste contexto que vou ter que luitar. Luitei toda a miña vida pero, vista a dinámica da administración francesa ou dos seus representantes, ten toda a pinta de ser unha luita perdida de antemán e que, probabelmente, vaime valer outras penas e pasar o que me queda de vida entre 4 muros. É iso ou aceptar o que humanamente convirteuse en inaceptabel.

Todo isto xa non ten nengún sentido. Eu non represento ningún perigro para naide desde hai muito tempo. O que lles fode, é que nunca fun quen de calar unha inxusticia e que o cárcere non me destruiou. Dalles completamente igual os delitos cometidos hai un cuarto de século. O que lle amola à administración e amoloulle de sempre, é que as persoas preserven a sua individualidade. Queren presos sumisos e infantilizados, o que é moi distinto a ser reinsertados. Ademáis non comprenden como, tras tantos anos de cárcere, sego a reclamar o dereito de vivir cando nen sequer tería xa que existir. O meu caso reflexa ata que punto os representantes da xusticia poden chegar a carecer de escrúpulos. Non os quero e non os respeto dado que non son respetábeis. Nen sequer me piden cambiar senon facer como se aceptara a sua autoridade, incluso se é arbitraria.

Hai un mes pensaba que había unha pequena esperanza de obter un terceiro grado. Puiden ver ao director a semana pasada. Explicoume que, no mellor dos casos, podería obter un terceiro grado dentro dun ano. É decir que se todo vai ben e despois de ter pasado toda a miña vida en prisión, poderei sair con unha pulseira electrónica e con unha libertade condicional de unha decena de anos. Esta xente non é humana. Máis aínda porque o director decíame que a decisión de manterme preso era verdadeiramente “retorcida”. É a palabra exacta que empregou. Entereime, tambén, de que non fora o fiscal de Troyes quen me mantiña preso, este so ratificara, con leis”vetustas”, unha decisión da dirección dos asuntos criminais e de indultos, ou sexa, do ministerio. Non sei se a palabra “vetusta” é apropiada, o meu manteñemento preso está argumentado con xurisprudencias de 1938, 1957 e, esquecérame, de: 1861!. Máis que “vetusta” é surrealista. Ademáis recordo que para o estado español atópome en libertade condicional.

Que din os avogados? O primeiro non quería denunciar a miña situación. A segunda aínda non fixo nada. O problema é que os avogados non son debalde e non teño con que pagar os honorarios dun bo avogado, o que me impede emprender unha luita xurídica eficaz. Para este propósito, uns kompas de Valencia, en España, contactaron con a persoa que se ocupa da miña web para pedirlle que abrira unha conta bancaria para poder enviarme un pouco de diñeiro. Como se di en España: “Las gracias solo se les da a los curas”. Teño estado en muitas luitas e participado nalgunhas iniciativas para recolectar fondos para grupos de apoio ao exterior, pero nunca gustei de ver aos compañeiros pedir diñeiro para campañas individuais. Teño, incluso, dificultades cando se trata de aceptalo dos amigos, pero vista a situación, é de agradecer, porque tampouco é doado vivir preso sen un duro e non teño intención de ir facer os zapatos dos carceleiros, polo tanto e a pesares do dito sobre os curas, agradezo as aportacions.

Amañei, un pouco, unha parte do programa de actividade que presentara à miña saida do aillamento en España, e que tiverao bastante éxito. Fixeno para dar un pouco de contido à miña web e falar un pouco de quen son ao marxe das imáxenes que os uns e os outros proxectan para definirme. Estou un pouco canso das lendas negras que me perseguen. Xa o estaba hai 10 anos! Non porque houvera algo do que tería que arrepentirme, pero o meu silencio permitiu a máis de un para xustificar o inxustificabel e, desgraciadamente, non sempre pertenecían ao poder.

Sempre calei. Moi raramente asinei os textos que escrebin para provocar ou alimentar unhas luitas colectivas, por humildade e porque non soporto a notoriedade. Aguardei máis de 20 anos para explicar as razons do asesinato de Puerto I porque so me concernía a min e à familia da vítima. Nunca fixen a máis mínima concesión aos meus principios incluso nos piores momentos. As veces fun incluso un pouco inxusto xuzgando às persoas porque o seu comportamento ia contra dos meus principios. Os meus principios son o que son e valironme para pasar toda a miña existencia no cárcere e os mesmos van facer que pase o resto da miña vida nele. Nembargantes son elos os que permitironme sobrevivir.

Aquí os tíos se pasan os seus días a criticarse os uns aos outros. Crio que é debido à frustración porque queda bastante boa xente. Preguntome como é a vida en sociedade despois de tanto tempo. Adaptarse às novas tecnoloxías etc, debe ser bastante doado, as mentalidades, elas, debe ser unha outra cousa porque se a realidade carceraria é o microcosmos da nosa sociedade, a xente ten tido que interiorizar toda a merda que se nos impón e que se nos verte pola televisión.

Sen máis e ata unha próxima vez vos deixo desexándovos forza e determinación.

28 de agosto 2011

Información colada e traducida da sua web http://gilbertalacalle.blogspot.com/

Conta de apoio. Importante poñer "Gilbert" no asunto do ingreso. 2100 5875 87 0200043581

2 comentarios:

  1. Aconselha-se um seguimento das novidades escritas pelo Gilbert no seu blogue, podedes acceder a ele desde o "baner" ubicado nos enlaces desta página na coluna direita (Gilbert a la calle). Nelas podedes atopar textos denúncia da sua situaçom actual como o texto desta notícia e mesmo textos que explicam o seu passado carcerário nos estados espanhol e francés.

    Agora mesmo há um novo comunicado-carta datada em 4 de setembro:

    http://gilberttextos.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola info. Descoñezo totalmente o seu caso polo que botarei un ollo con mais calma un destes días, que ando algo liado.

    Saúde

    ResponderEliminar