9 sept 2011

Filtracións de Wikileaks desvelan a preocupación de EEUU polo anarquismo grego

Os cables filtrados recentemente entre o goberno norteamericano e a súa embaixada en Atenas destapan o interese na evolución do terrorismo “doméstico” de ideoloxía anarquista en Grecia. Sobre todo despois do atentado con lanzacohetes contra a embaixada ianqui perpetrado no 2007 por “Loita Revolucionaria”.
O seguimento dos disturbios do 2008, ocasionados tra-la morte dun xoven anarquista a mans da policía, constitúe outra das constantes na preocupación norteamericana pola deriva da política helena.
Segundo deprendese das filtracións de Wikileaks, o goberno ianki culpou ó executivo de Karamanlis de tibieza na represión dos motíns; de tal xeito que o medo a provocar máis víctimas e botar máis leña ó lume provocou unha reacción ineficaz das forzas da orde. Os cables tamén analizan o papel do “santuario” universitario na organización anarquista dos disturbios (pois a policía non pode entrar nas universidades) así como a predisposición grega á acción directa, ó extremismo político de esquerdas e ás revoltas violentas.
Tamén culpan ós medios de comunicación gregos de cubrir os disturbios do 2008 de xeito “irresponsable”, alentando a propagación das algaradas por non defender a actuación do policía que matou ó xoven de 15 anos Alexandros Grigorópoulos.
Os cables, todos eles anteriores ó ascenso do PASOK ó poder, amosan a preocupación estadounidense pola pérdida de popularidade do presidente Karamanlis e as consecuencias negativas que iso acarreou para a política exterior norteamericana (fan referencia concreta á situación de Macedonia e ás relacións con Turquía). Neles xa se pode apreciar a certeza do próximo cambio de goberno así como da radicalización do anarquismo no país.
Na cuestión do terrorismo, a máxima preocupación ianqui é polo grupo de guerrilla urbana “Loita Revolucionaria”, activo dende o 2003 e aparentemente desarticulado non hai moito tempo (despois da data de emisión dos cables, evidentemente). Parece ser que tanto os norteamericanos como os ingleses brindaron ás autoridades gregas unha colaboración en materia antiterrorista que eles califcan como “de baixa intensidade” e que consistiría principalmente nun fluxo de información en ambas direccións. Consideran o traballo da policía helena nestas lides como “satisfactorio”, aínda que queixanse en diversas ocasións das filtracións á prensa dos resultados das investigacións por motivos de política partidista, o que obstaculizaría en gran medida o traballo policial.
Tamén analizan nos cables o papel oportunista dos distintos partidos de esquerda no transcurso dos disturbios.
Como nota curiosa o xeito no que se refiren os cables ós métodos de vixiancia e videograbación, que según eles cada día teñen máis aceptación na sociedade grega, pois son calificados como "formas de control "gran hermano"" ("Big Brother" monitoring).

Nova redactada por C.R. a través da información atopada nos cables recentemente publicados por Wikileaks. Aquí tedes a relación dos que falan de Anarquismo (-Aquí)
A nova pola que chegamos a esta info atopamola en Anarchistnews.org (-Aquí).
Tanto as unhas como as outras están en ingles, por suposto.

13 comentarios:

  1. X pailán/a de ahí arriba... a anarco-tontería non existe?, diso non abonda no voso mercado de ideoloxías?.

    Anarco-liberalismo?, anda oh...

    Agora resultará que xs anarquistas sodes o lixo que queredes perpetuar as estructuras capitalistas dándolles outro nome non si? jajajaja mais quixerades.

    ResponderEliminar
  2. Eliminamos o primeiro comentario por consideralo totalmente fora de lugar e sen interese no tema en cuestión.
    Neste blog non se permite a propaganda anarco-liberalista, patética ideoloxía que confunde a liberdade coa inxustiza económica e a desigualdade social. A anarquía nunca tivo nada que ver coas vosas masturbacións mentais.

    ResponderEliminar
  3. la arra-batada q todxs conocéis...10 de septiembre de 2011, 21:49

    Non é por nada, ou igual é por cotilleo, pero eu creo que os comentarios destructivos quedan mal por sí solos e non é necesario eliminalos... de feito, agora teño curiosidade e este blog non está administrado por unha ou duas persoas que poidan consensuar borrar o comentario...
    De q sirve explicar algo qure non se pode ler?

    ResponderEliminar
  4. Á compañeira que escribiu o comentario asinado con: "la arra-batada q todxs conocéis..."

    Se tes curiosidade, o comentario eliminado dicía que nós non eramos anarquistas, que só éramos socialistas coma Marx e afirmaba de seguido que o único anarquismo era o anarco-liberalismo, unha sorte de organización social sen Estado manexada, administrada e xerida segundo os mercados.

    Por outra banda, concordo contigo. Ás veces o feito de borrar un comentario remata dando a razón a todxs xs que nos acusan de intolerantes ou de persoas incapaces de se defender con argumentos nun debate. Por outro lado, e como ti ben dis, penso que os comentarios moitas veces se ridiculizan sós polo que deixalos á vista fai que a xente se decaten do ridículo.

    Saudiña.

    ResponderEliminar
  5. Pois eu non o vexo así, se deixamos que quen queira poña o que lle pete isto parecerá indymedia. A función deste blog non é darlle voz a todo aquel que queira desbardallar sobre o primeiro que se lle pase pola cabeza,nin deixar que as xentes con ideoloxías contrarías ó anarquismo nos insulten a placer. Este é un blog anarquista autónomo e a súa función e informar e reflexionar e, en todo caso, debatir entre afins (ou polo menos entre anarquistas), isto non é un foro nin o feisbuk.
    Por outra banda o comentario eliminado tiña un enlace a un blog anarco-capitalista e non creo que debamos permitir que este tipo de pseudo-ideoloxías nauseabundas empreguen o blog como plataforma de promoción.
    Abordaxe é unha ferramenta anarquista, non un micro aberto.

    ResponderEliminar
  6. Um outro administrador acaba de eliminar por completo o 1º comentário dado que a ligaçom ao blogue ao que fai referência o comentário anterior a este, seguia estando vissível.

    De todas, acho que eliminar os comentários nom é umha boa práctica, porque como aponta "arra-batada", eu também fico com a curiosidade de saber que se dizia nilos.

    Além concordo com que isto nom é um foro, nem sequer deveria de ser umha plataforma de aplauso ao que se publica.

    Para mim, os comentários deveriam ser só um espaço onde ampliar as notícias e/ou aportar críticas constructivas que enriqueza o possível debate.

    Para mim, por ejemplo, esta notícia sobra neste blogue, dado que para mim Wikilis nom deixa de ser um falsimédio mais e nom dou creto algum as suas informaçons por moi beneficiosas que poidam resultar.

    Wikilis, como o 15M ou Al Gore, som a mesma pata do banco pintada de cor.

    ResponderEliminar
  7. Alguns apontamentos (hai um feixe) ao respeito de wikileaks:
    - Quien-sostiene-a-Assange?
    http://www.voltairenet.org/Quien-sostiene-a-Assange-Wikileaks
    - Assange recibió una cuantiosa suma de dinero, entregada por funcionarios del régimen de Israel,
    http://www.voltairenet.org/El-Sr-Assange-director-de
    -Wikileaks es obra de la CIA
    http://informacion-alternativa.over-blog.es/pages/wikileaks-es-obra-de-la-cia-4329712.html
    - Wikileaks un arma de doble filo
    http://liberacionahora.wordpress.com/2010/12/27/informe-especial-wikileaks-un-arma-de-doble-filo/

    ResponderEliminar
  8. Para mi que todas estas salsas rosas os divierten y son parte de lo que da sentido a vuestro dia a dia. Sino no entiendo vuestro sadomasoquismo.

    ResponderEliminar
  9. FAcedes ben, o lixo ao lixo

    ResponderEliminar
  10. Como siempre wikileaks documenta lo que ya se intuye. Se ve que el difunto Lambros Foundas, miembro de "Lucha revolucionaria" cuyo asesinato desembocó un mes después en la desarticulación del grupo, habría manifestado su preocupación por el anhelo que agentes estadounidenses tenían sobre su cabeza.
    La larga sombra (no del comunismo) de estados unidos se cierne sobre europa

    ResponderEliminar
  11. LA gran sombra yankee lleva cernida sobre Europa mucho tiempo.

    ResponderEliminar