Ó parque natural das fragas do Eume, o bosque atlántico mellor conservado de europa, xúrdelle unha nova ameaza derivada da voracidade capitalista. Ós antigos perigos que penden sobre tan importante e paradisíaco patrimonio natural: a expansión incontrolada de eucaliptos (que xa forman o 20% da súa masa forestal) e o proxecto de construcción dunha mina a ceo aberto de andalucita a escasos metros do perímetro do parque, temos que sumarlles agora as pretensións de ENDESA de verter ó cauce do Eume as inxentes cantidades de lodos contaminados acumulados no fondo do encoro.
Debido as múltiples presións sobre ENDESA GENERACIÓN S.A., a compañía que xestiona a producción eléctrica do encoro dende a súa creación, a raíz do seu incumprimento sistemático de calquera normativa con respecto os obligatorios baleirados da presa, ou do mantemento dun mínimo caudal ecolóxico nos 3,4 km entre a central e o encoro (situados na zona de especial protección do parque), a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tomou cartas no asunto cunha denuncia por captación abusiva de augas. Deste xeito a eléctrica viuse na obriga de presenta un proxecto pra limpar os sumidoiros do encoro, obstruidos por toneladas de lodo acumulado nas últimas cinco décadas sen usalos, pra poder dese xeito cumprir por vez primeira as normativas que durante cincuenta anos se pasaron polo forro.
Pois moi lonxe de reparar os seus erros, ENDESA plantexa resituar parte dos lodos en balsas de decantación ó longo do cauce (pois tratalos de forma axeitada parecelle algo moi custoso a dita empresa) mentres que outra parte desaguaríase cara a ría de Ares a través do parque. Estes lodos acumulados son de alta toxicidade e conteñen metales pesados debido ós residuos xerados pola mina e a central de As Pontes poucos kilometros río arriba. Hai que lembrar tamén que os vertidos da autovía Ferrol-Vilalba ocasionaran unha castrofe ambiental no río hai pocos anos causando a acidificación das augas e a conseguinte morte dos peixes.
Por outra banda, o proxecto de mina de andalucita en Pico Vello, a tan só 50 metros do perímetro do parque (gracias as protestas ecoloxístas que conseguiron evitar que afectase a 40 hectáreas do mesmo), recibiron o visto bo da consellería de medio ambiente.
Os dereitos de explotación da mina, que ademáis das Fragas amenaza ó río Belelle, uns dos máis limpos de Galiza, atópanse agora en proceso de subasta; e iso que a empresa anglo-sudafricana “Picovello Andalucita S.L.” percibiu cuantiosas subencións por parte das administración. Pero iso non quere decir que o bosque atlántico máis grande de Europa se librase de semellante ameaza.
Máis información sobre:
-A invasión de eucaliptos nas Fragas: na prensa comercial-aquí, aquí e aquí
-O baleirado dos lodos:en verdegaia-aquí e na prensa comercial -aquí
-A mina de Pico Vello: en picovelloblogspot-aquí e aquí
C.R.
12 jul 2011
Ameazas sobre as Fragas do Eume
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
de onde extraes? sempre vos esquecedes...
ResponderEliminarO artigo o elaborei a partir da información á que remiten os enlaces ó final do artigo, así coma doutras novas extraidas da rede. Lamentablemente esquecín firmalo.
ResponderEliminarC.R.
pois sempre estás a tempo...
ResponderEliminar