22 may 2010

Xornadas pola anarquia e a extensión da revolta



[actualizado 14 de xuño 2011]
Sentimos moito anunciar que a charla Mulleres saharauis en loita ten que ser posposta para máis adiante.
Vos informaremos cando teña lugar en meses vindeiros e vos agradecemos a todas por asistir e contribuir ao debate e difusión.
Pola anarquia e a extensión da revolta!!
Non hai que parar!!!

[actualizado 6 de xuño 2001]
* Por problemas de permisos legais, o compañeiro Rodrigo Curipán non pode acudir a estas xornadas e no seu lugar debateremos con un compa chileno sobre "O Anarquismo en Chile desde a dictadura ata agora" e falaremos das loitas destes últimos anos: A montaxe do chamado “Caso Bombas” e da escala represiva contra Centros Sociais e Okupas, da solidariedade con o pobo Mapuche, das loitas contra os cárceres,….

Novas desculpas.
---------------------------------------
[actualizado 1 de xuño 2011]
A charla sobre a reforma do código penal foi cancelada destas xornadas. Esperamos poder realizala noutro momeno.

Desculpade as molestias.

--------------------------------------
Outro ano máis realizamos unhas xornadas anarquistas en Galiza nas que incidiremos en temas moi diversos: centros de menores, antipsiquiatría, a privatizacón da auga en Galiza, a loita contra a MAT (moi alta tensión) en Catalunya, loita do povo mapuche e de mulleres saharauis, e trataremos de charlar e reflexionar con un compañeiro italiano sobre o activismo, as suas estratexias e a sua incidencia social.
Nas cidades de Coruña, Compostela e Vigo, e facendo unha máxica paréntese, no povo de Balboa (O Bierzo, zona dos Ancares), haverá duas xornadas de actividades de difusión e solidariedade coa loita dos povos mapuches o venres 3 e sábado 4 de xuño.



Programación (informaremos dos posibles cambios)

A problemática nos centros de menores
a cargo de Fer, membro de ESCULCA (Observatorio dos dereitos civís)
Incidiráse no funcionamento destes cárceres para nenxs.
VENRES 20 MAIO COMPOSTELA, SÁBADO 21 CORUÑA

A privatización da auga en Galiza
, Dende xaneira está en vigor a nova "Lei de augas de Galicia" coa que a auga pasa a ser un negocio en mans da empresa Augas de Galicia. Reflexionaremos sobre o proceso privatizador da auga impulsado por políticas dende a escala internacional á local.
XOVES 26 MAIO COMPOSTELA, XOVES 2 XUÑO CORUÑA

Loita contra a MAT (moi alta tensión) en Catalunya
a cargo de duas compañeiras de Barcelona que participan desta loita
Falarán das loitas que se levaron a cabo de forma orixinal e combativa contra esta infraestrutura, aportando novas tácticas na loita contra o seu progreso.
VENRES 27 MAIO COMPOSTELA, SÁBADO 28 CORUÑA

*Loita dos povos mapuches e outras loitas sociais en Chile
a cargo de Rodrigo Curipán Werkem, voceiro da comunidade de Rankinko e dun compañeiro anarquita chileno.
SÁBADO 4 XUÑO BALBOA, MÉRCORES 8 CORUÑA, XOVES 9 COMPOSTELA

A psiquiatria como xeito de control social e alternativas para a sua ruptura
SÁBADO 11 XUÑO VIGO, SÁBADO 18 CORUÑA

Charla-coloquio "As virtudes subversivas. Os anarquistas na actualidade". Falar de "virtudes subversivas" (o valor real das propias ideas, a autonomía de xuizo, a tenacidade, a constancia, a humildade,a gratitude, puntualidade, memoria, o sentido das palabras, a destreza, a creatividade, a imprevisibilidade...) é quizais unha boa maneira de coñecer con quen e como actuar no tempo presente un sentido revolucionario. Sobre iso debatiremos cun compañeiro intaliano.
MÉRCORES 8 XUÑO COMPOSTELA, XOVES 9 CORUÑA

A reforma do código penal
(por concretar) a cargo de dous avogadxs de Madrid


Mulleres saharauis en loita
(semana do 13 de xuño, por confirmar lugares e datas)

Serán prácticamente todas sobre as 20:30h (ainda que iremos actualizando e publicando cada semana). Lugares: Compostela (Biblioteca anarquista "A Ghavilla", na rúa Ponte da raiña 8), Coruña (CS Atreu, T/Sam josé 2), Vigo (CS A cova dos ratos, rúa romil 3), Balboa (Palloza de Chis, Balboa, O Bierzo)

7 comentarios:

  1. Por certo, esquecichedes de poñer as horas?

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, xa as engadimos... Sbre as 20:30h, ainda que iremos confirmando mellor...
    Sentimos as molestias.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas :P

    Xa está difundida a info no meu blog, vémonos por alí. A palestra de Massimo Passamani tentarei non perdela por nada do mundo xD

    Saude

    ResponderEliminar
  4. Esta visto que o de extender a revolta e o anarquismo non vai mais alá dos guetos de sempre A Coruña e a biblioteca anarquista pero bueno cando querades contar cos demáis esperade o mesmo trato e dicir que vos ignoremos por completo.

    ResponderEliminar
  5. La peña de Melide intentaremos difundir lo máximo posible las jornadas, así como acercarnos a todas las que nos sea posible.
    Salud y hasta vernos.

    Pdt.:Ese chini no es de Melide :)

    ResponderEliminar
  6. * Por problemas de permisos legais, o compañeiro Rodrigo Curipán nom pode acudir a estas xornadas e no seu lugar debateremos con un compañeiro chileno sobre o Anarquismo en Chile desde a dictadura ata agora e falaremos das loitas destes últimos anos: A montaxe do chamado “Caso Bombas” e da escala represiva contra Centros Sociais e Okupas, da solidariedade con o pobo Mapuche, das loitas contra os cárceres,…

    ResponderEliminar