4 may. 2011

Duras cargas policiais nas manifestacións anticapitalistas do 1º de Maio en Barcelona e Setúbal (Península Iberica)

Os incidentes máis graves sucedidos nas protestas deste 1º de Maio na península Ibérica sucederon durante as manifestacións anticapitalistas convocadas nas cidades de Barcelona e de Setúbal.
No tocante á cidade catalana, a manifestación alternativa convocada pola esquerda anticapitalista, o sindicalismo combativo e os movementos sociais que, baixo o lema "Agora tócanos a nós", percorreu o centro da urbe, rematou con duras cargas policiais e con 15 persoas detidas.
Na manifestación anticapitalista e libertaria realizada na portuguesa cidade de Setúbal, á que acudiron preto de 200 persoas, a violencia policial rematou por provocar fortes enfrontamentos entre os manifestantes e as forzas da orde, nos que estas últimas empregaron todo o seu arsenal, incluindo, ó parecer, fogo real.
Máis info da mani de barna: en Kaos en la red -aquí, -aquí e aquí. Fotos en Barcelona Indymedia -aquí
En canto a Setúbal, en Indymedia Portugal -aquí, -aquí e -aquí



1 comentario:

  1. Na manifestación de Barcelona,ían maderos disfrazados de manifestantes, xa non se pode un fiar de ninguén!

    ResponderEliminar