22 may 2011

Atenas – Un compañeiro anarquista ferido e detido despois do tiroteo cos madeiros


(english) - thisisourjob.wordpress.com

Coidado! O que exactamente pasou o mércores pasado na zona de Pefki en Atenas sabémolo até agora soamente da prensa e policía. Isto é un resumo dos feitos segundo eles:

Ás 19.00 do mércores 18 de maio unha cidadá chamou á policía advertindo sobre a presenza duns personaxes sospeitosos na zona de Pefki (municipio burgués e tranquilo no norte da área metropolitana de Atenas). Un coche patrulla chegou e (segundo a policía) os “malfeitores”, que estaban cunha moto, foron os primeiros ao abrir o lume. Ambos policías e un dos perpetradores resultaron feridos, mentres que o segundo entrou no coche policial e así fuxiu do lugar. O coche foi atopado logo abandonado noutra zona. O mozo ferido presentouse co apelido Stergiou, pero os madeiros non lle creron e publicaron a súa foto (retocado de maneira moi cutre con Photoshop, probablemente para que non se viran feridas) pedindo informacións. Os que se presentaron ao día seguinte foron os seus pais, revelando os seus datos como Theofilos Mavromihalis de 21 anos, estudante de Universidade de Mytilini (illa de Lesvos) con especialización no medio ambiente.
Os Pais dixeron que o seu fillo dende facía un ano non deu sinais de vida, ademais hai varios meses abandonou a escola e non se sabe onde vivía. Os madeiros rexistraron a casa dos seus pais e, do que din, fixeron rexistros e seguen investigando tamén en Mytilini.

Dende o primeiro momento a prensa falou sobre “terrorismo” posto que o mércores pola tarde os bancos quedan pechados, o que exclúe a posibilidade do atraco. Tamén o partido neonazi Amencer Dourado (Hrisi Avgi) fixo as súas declaracións, xa que o seu xefe, o asqueroso fascista Nikos Mihaloliakos vive na devandita zona e adoita pasar a diario polo cruzamento onde tivo lugar o enfrontamento, e nunha mestura de megalomanía e victimismo tan típica dos verdadeiros patriotas afirme de ser o branco dun hipotético atentado. Ademais, preto do lugar, foron atopados, aparte da moto, unha furgoneta (ambos os dous roubados nas ultimas semanas do barrio de Kipseli), unha pistola de marca Glock, unha mochila con cargadrs e varios desparafusadores) e un baleiro bidón de gasolina.
Tamén, as autoridades revelaron que as impresións dixitais de Theofilos foron atopadas en dous dos “pisos francos” de Células, rexistradas despois dos últimos arrestos relacionados co caso (14 de marzo cando 5 compañeirxs foron detidxs en Volos): a casa en Volos e unha en Kallithea (Atenas), que supostamente foi alugada por Hristos Tsakalos. Esas pegadas eran até agora “orfas”, pois non sabían a quen pertencían.

Por agora presentamos dous textos publicados onte, respeito ao compañeiro, o primeiro escrito polos seus compañeiros:

(en) – thisisourjob.wordpress.com/2011/05/21/statement-by-theofilos-mavropoulos-comrades/

Texto de Compañeiros do detido en Pefki

O anarquista revolucionario, compañeiro noso, Theofilos Mavropoulos está ferido no hospital despois dun enfrontamento armado cos fodidos porcos da Policía que tivo lugar na zona de Pefki. Alí, xunto cun compañeiro mais, elixiron o camiño de non entregarse cando un coche patrulla tentou identificarlos. Durante o enfrontamento resultaron feridos dous madeiros, pero tamén o noso compañeiro. Ao mesmo tempo, o outro compañeiro que estaba alí logrou escapar utilizando o coche patrulla policial.
Trátase dun activo membro do movemento anarquista-revolucionario e por tanto chamamos a cada anarquista-revolucionario, como tamén cada un se considere a si mesmo, como parte dun amplo ámbito subversivo para tomar a iniciativa de acción, con cada medio que xulgase como adecuado e esencial, para estar ao seu lado. Neste momento o noso irmán atópase ferido e encerrado nunha habitación, vixiado polos diferentes madeiros. Consideramos como algo de maior importancia a realización dunha concentración diante do hospital en que se atopa o noso compañeiro ferido, para así romper coa condición de illamento que lle foi imposta e que lle deixa presa dos vermes da Antiterrorista e outros servizos que lle están “coidando” na única maneira que eles saben. Debido ás dificultades que teñen que ver co réxime en que estamos e coa condición a base de cal accionamos e movémonos, desafortunadamente non podemos estar ao seu lado (é dicir: no hospital mesmo) e así de preto dar forza e coraxe ao noso orgulloso compañeiro.
Temos que mostrar ao inimigo que NINGUN COMPANERO NON ESTA SÓ, que cada arresto de compañeiro non quedará sen resposta, que a ningún compañeiro nolo poden comer vivo. Porque o compañeirismo e a solidariedade non se definen segundo soldos e rangos senón que constitúen a base de relacións nas cales nos desenvolvemos e propomos en vez e en contra das apodrecidas relacións sociais dominantes. Non vemos o arresto de Theofilos á luz dunha “moi publicitada” e a vez asquerosa lóxica de victimización, que permite protestar contra os “malos” madeiros que dispararon e feriron o noso compañeiro. Ademais, á luz dunha tal lóxica a solidariedade perde o seu sentido esencial.

A postura orgullosa de compañeiro e os seus valores enfrontáronse á renuncia e entrega. Mostrou que o conflito e a guerra non teñen mártires nin os que renden culto a iso, senón uns combatentes preparados para todo. O tesouro que deixou que se
converte en arma nas mans de todos nós.

AO CARÓN DO ANARQUISTA REVOLUCIONARIO THEOFILOS MAVROPOULOS LOITA POLA LIBERDADE CON CADA MEDIO

Postdata. Igualmente, queremos mandar ao noso compañeiro un moi sinceiro agradecemento polas loitas que levamos a cabo xuntos, por todas as contrariedades e contratempos ás cales fixemos fronte, por todo o bo e todo o malo.

Acabando, mandámoslle a nosa máis firme promesa no que se refire aos informais compromisos que fixemos, aos incumpridos soños e ás esaxeracións. A todo e a nada. Agora irmán, mudará a condición baixo a cual vivirás, pero non o estado non arrepentido da túa mente

[extraído de Fear to Sleep

No hay comentarios:

Publicar un comentario