28 abr 2011

Patricia, presa do 4F, suicídase despois de 6 meses de prisión pola acusación do concello de Barcelona


Onte pola tarde asaltábanos a noticias da morte dunha compañeira: Patricia Heras, presa polos sucesos do 4F, no que un mosso d´esquadra quedaba en estado vexetativo tra-lo asalto a unha okupa na que se celebraba unha festa. Patricia, durante o proceso,plagado de irregularidades,sempre negou a súa implicación nos feitos,foi condenada a 3 anos de cárcere, e acabou decidindo quitarse a vida antes que volver a prisión.

Ainda quedan en prisión por este caso Juan Pintos, Alex Cisterna e Rodrigo Lanza.

Sinalamos a Joan Clos,alcalde daquela, a Jordi Hereu como concelleiro de seguridade e a todos os cómplices de este sistema penal asasino como culpáveis da morte de Patri.

Hoxe, xoves 28 de abril,cheos de rabia e dor, convocámosvos a todos a unha manifestación ás 19:30 no Forat da Vergonya,(Ao lado do mercat de Santa Caterina, Metro L4 - Jaume I), Barcelona.

Sen xustiza non hai paz!
Adeus, Patri

No hay comentarios:

Publicar un comentario