O grupo “Conspiración Internacional para a vinganza” (ICfR) reivindicou un ataque incendiario contra un caixeiro do BCA (Bank Central of Asia) o día 4 de Abril en Indonesia. Uns panfletos atopados no lugar relacionan a acción coa represión brutal á poblacion de Kulon Progo (duramente castigada pola súa oposición á unha mina de ferro xestionada por empresas multinacionais), así como a outras localidades indonesias.
Esta non é a primeira acción destas características que acontece no incipiente movemento anarquista indonesio,xa que o 25 de marzo a “Fronte insurreccional Deus morreu” reivindicou un ataque con molotovs contra outro BCA fronte ó campus da Universidade de Indonesia Oriental.
As accións directas antiautoritarias estanse a incrementar nos últimos tempos neste país asiático con atentados incendiarios, destrozos en restaurantes de comida rápida e incluso ataques a comisarías.
O anarquismo está a medrar en Indonesia dende que a finais dos noventa o movemento punk o introduxera nun panorama político radical dominado polo marxismo. Desde entón proliferaron os colectivos e publicacións, cristalizando nas rúas as accións do tipo de “Food,not bombs” e manifestacións do primeiro de maio da “Rede antiautoritaria”, cada vez máis concurridas. A esquerda política, desencantada do estatismo, mostra cada vez máis interese por ésta corrente ideoloxica ata o de agora tan descoñecida no país.
Máis información en:
-Vivalanarquía (aquí).
-325nostate , en inglés (aquí e aquí).
-e unha entrevista a activistas indonesios en Alasbarricadas (aquí).
8 abr 2011
Ataques anarquistas en Indonesia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario