19 abr 2011

Atacada comisaría en Berlín con artefactos incendiarios (Alemania)

Na madrugada do 11 de Abril un grupo de encapuchados lanzaron pedras, pintura e cócteles molotov contra unha comisaría de policía no barrio berlinés de Friedrichshain.
A prensa comercial afirmou que os atacantes cubriron a súa retirada tirando “miguelitos” e que un policía resultou ferido ó tratar de deter a un dos atacantes; tamén afirman que as bombas incendiarias estiveron a piques de mancar gravemente a un traballador, polo que a fiscalía iniciou unha investigación por “tentativa de asasinato”.
Nun comunicado asinado como “Grupos autónomos” os autores da acción desminten as declaración da policía e da prensa, asegurando que en ningún momento ninguén estivo en perigo nin resultou mancado. Enmarcan a acción en represalia polo desaloxo da mítica okupa berlinesa “Liebigstraße 14”, o pasado febreiro, perpetrado por antidisturbios adscritos a dita comisaría (entre outros, pois foi preciso a intervención de 2500 efectivos así como vehículos blindados). Tamén fan referencia a alguns activistas alemans presos e a un chamamento pra o vindeiro 1 de maio. Ó parecer este é xa o terceiro ataque deste tipo no que vai de ano.

Información tirada das páxinas en inglés :

-Actforfreedom
-Waronsociety


No hay comentarios:

Publicar un comentario