George Papandreu impartía unha conferencia na Universidade de Humboltd en Berlín, o pasado 21 febreiro, cando recibiu abucheos por dous grupos distintos de persoas (alemáns e gregos) agochados entre o público. O mandatario aturou o despregamento de catro faixas, o lanzamento de panfletos, os berros e os insultos de case a metade do auditorio ós que desaloxaron as forzas de seguridade presentes no evento. Ó mesmo tempo outro grupo de xente protestaba fora.
Probablemente debeuse a este incidente a nula repercusión desta visita nos medios de comunicación alemáns.
Outro acto similar aconteceu na "Casa grega" de París onde o vice-presidente do goberno heleno, Pángalos, acompañaba ó director de cine Costa Gavrás. A protesta fíxose en solidariedade coa loita dos 300 inmigrantes en folga de fame.
Noticia tirada de ContraInfo (eiquí)
Noticia sobre os inmigrantes en folga, tamén en ContraInfo (eiquí)
2 mar 2011
Reventan palestra do primeiro ministro grego en Berlín (Alemania)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario