30 mar. 2011

A carne clonada non figurará nas etiquetas (U.E.)

Tras tres anos de negociacicións, os gobernos dos países da U.E. conseguiron impor os seus criterios comerciais e impedir que as etiquetas revelen a procedencia da carne de animais clonados ou dos seus descendentes, deixando sen efecto as normativas ó respecto que pretendíanse implantar na Eurocámara.

Pese a que a maioría dos europeos oponse ó uso de carne clonada no eido alimentario (un 60% según enquisas do 2008), os argumentos económicos baseados no medo á guerra comercial con EEUU e Arxentina ,que importan entre 300.000 e 500.000 toneladas deste xénero a Europa, prevaleceron sobre calquera outra consideración. Deste xeito queda en vigor a directiva do 1997, que deixa un vacío legal sobre o tema, ficando en vía morta os intentos por prohibir a carne clonada ata a quinta xeración e por asegurar a trazabilidade da procedencia no etiquetado.

Esta directiva sobre “novos alimentos” (simpático eufemismo) non inclúe os organismos xenéticamente modificados (tranxénicos) que teñen a súa propia normativa, pero que, coma neste caso, só beneficia ás multinacionais.

Temos que lembrar que os animais clonados teñen máis mortalidade e collen máis enfermidades que os seus “pais celulares”, nembargantes, os organismos encargados pra facer informes sobre a seguridade alimentaria da carne e leite desta procedencia (EFSA) aseguran non atopar diferencias coa orixinal. Algo non deben de estar a facer ben estes organismos, subvencionados pola U.E., pois se viven menos e enferman máis os clonados que os naturais, alguna diferencia terán.

Noticia elaborada a partir de varias novas da prensa comercial, por exemplo, aquí, aquí e aquí.

2 comentarios:

  1. En fin, chámanlle progreso...

    Carne é asasinato, faite veganx!!

    ResponderEliminar
  2. Desde el punto de vista ecológico y de liberación de la tierra esta noticia es de importancia capital. Ignorar el alcance de este tipo de noticias no demuestra si no una miopía galopante. La clonación de animales es el primer paso para la modificación genética de animales (y de humanos) lo que puede tener consecuencias IRREVERSIBLES sobre la vida en la tierra. El sufrimiento animal (aún siendo la lacra que es) puede solucionarse el siglo que viene y no supondrá nada para el curso biológico de la tierra, salvo una cruel anécdota; si los animales clonados, y más tarde los animales transgénicos, se cruzan con las especies silvestres "naturales" NUNCA JAMÁS podrá volverse al punto de partida. Esto ya está pasando con los vegetales transgénicos y el veganismo a secas no puede impedirlo (aunque haya veganos, y no veganos, concienciados con el tema). No pretendo criticar el veganismo, que me parece muy bien, si no apuntar el alcance nefasto de la "biotecnología" y que se hace patente en noticias como esta.

    ResponderEliminar