10 ene 2011

Video e crónica da XI Marcha ó cárcere de Teixeiro


Por fin , contra vento e marea, conseguimos facer a XI Marcha á prisión de Teixeiro. Non puido facerse no ano 2010, coma debía ser, pois a prohibición expresa da subdelegación do goberno da Coruña impediuno (facela igualmente suporía un delito penal para os participantes e unha carga policial garantida), pero fixémola tres semanas máis tarde da convocatoria inicial, xa no 2011, e sen pedires permiso algún.
Pese á intensa choiva, pese ó imponente dispositivo despregado pola guardia civil, que non deixou un manifestante sen identificar, pouco máis de sesenta valentes desafiaron á autoridade maila climatoloxía pra amosares a súa solidariedade coas persoas presas e pra condenar a inxustiza que supón a mera existencia deste campo de exterminio.
As cuantiosas multas e as rodas pinchadas na marcha do ano pasado, unidas á prohibición da primeira convocatoria deste ano (tontos de nós por tentar legalizala) e a un tempo moi galego pero que, nesta ocasión, traballou da beira da represión (aínda que a guardia civil mollouse o mesmo ca nós), fixeron desta unha das marchas menos concurridas dos últimos once anos. Pero os presos puideron escoitarnos e respostar con abundantes berros ós nosos cánticos. A solidariedade traspasou outro ano máis os muros da ignominia mal que lle pese ós artífices da represión, que non escatimaron esforzos por silenciarnos.

Un bus achegounos, en dúas tandas, ate o perímetro exterior do cárcere. Nesta ocasión a intensa choiva e os controis policiais despregados en varios puntos da calzada fixéronos desistir de percorrer a pé os kilómetros que separan a gasoliñeira da cadea. Antes de baixar do autobús a guardia civil informounos de que polo mero feito de por os pés na calzada xa incurríamos en varias infraccións que serían debidamente sancionadas. O seu discursito, así como todo o que alí aconteceu, foi oportunamente gravado por un picoleto con ínfulas cinéfilas. Isto tivo a vantaxe de sacar a relucir os mellores modales que un puidera esperar da benemérita, un trato exquisito en comparación ó que estamos acostumados, as desvantaxes probablemente xa as poderemos comprobar cando cheguen as denuncias.
Os tradicionais cohetes e bengalas, agochados no traxecto por obvias razóns, foron desafortunadamente localizados polos picoletos, o que desluciu un tanto a protesta. O esaxerado do control impediu tamén que prendéramos as habituais antorchas e a choiva impediunos darlle lume ó cárcere de cartón que tódolos anos sometemos a purificación das lapas, así que non tivemos máis remedio que queima-la pancarta para que os presos puideran vernos e pra darlle cor ó asunto.
Cando, ó remate, quixemos facer voar un globo de papel co lema “abaixo os muros”, un picoleto fillo de mala nai fíxolle un burato provocando que se incendiara a menos de dez metros de soltalo.
Sabendo que os presos e, especialmente, as presas (que están no módulo máis preto da estrada) lles chegaron as nosas mostras de apoio, así como a nós as súas, e que os represores captaron tamén a mensaxe (nós da súa estamos ata os collóns) voltamos pra as nosas casas tras máis de dúas horas de unha protesta que nin a choiva nin a autoridade foi quen de impedir.
O ano que ven (ou este pero dentro de case un ano) podedes estar seguros que voltaremos có mesmo amor e a mesma raiba, se non máis, que tódolos anos.
NON PODERÁN CALARNOS
ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!!!!!!

P.D.-Se os chegan multas, cousa bastante probable, faríades ben en poñervos en contácto con nós no correo deste blog (abordaxe@gmail.com).

Video extraído do portal Galizalibertaria.

7 comentarios:

  1. Saludos compas!
    Habeis demostrado una vez mas que ni la guardia civil, ni la subdelagacion del gobierno, ni los mercenarios de teixeiro, podrán acabar con la solidaridad, la rebeldia y la imaginacion...
    Pese a todos los golpes que han intentado desestabilizar la marcha, un año mas se ha echo, y no me cabe duda de que se continuará convocando.
    Esta claro que les duele y que quieren acabar con ella a toda consta. Eso debe darnos fuerzas para mantener esta convocatoria y recuperar la capacidad minada por las multas y sabotajes sufridos.

    VALIENTES

    ResponderEliminar
  2. Olá:
    Eu estivem e nom som quem de auto-titular-me "valente", foi umha opçom personal de valorar mais a necessidade de amosar-lhes a todas às pessoas presas que nom estám sozinhas e que fora estamos com elas lutando pola demoliçom distos centros de extermínio, tortura e morte (quanto menos um grupinho pequeno pero teimudo), e se bem era previssível a actuaçom dos mercenários verdes do governo de ZP, nom podia ser que nos deixaramos amedentrar por multas e pinchaços e tinhamos que estar lá nom como acto de valentia senom de solidariedade e luta.

    Além, nom concordo com o de que "o tempo moi galego pero que, nesta ocasión, traballou da beira da represión", pois a chuva permitiu que as vozes das presas e as nossas tiveram melhor audiçom (é sabido que a auga expande muito melhor as ondas que o ar) e entendemento, e quanto menos eu, fiquei bem grato de ouvir os berros de "libertad" que soavam desde as reixas da cadeia.

    Nom nos vam calar!!

    Abaixo os muros!!

    ResponderEliminar
  3. pues que quieres que te diga edu, me parece un poco de mala leche. Se perfectamente que la persona que escribió el comentario solo quería transmitir unas palabras de animo desde la lejania.Se perfectamente que la persona que escribió el comentario no os considera especialmente "valientes" ni "cobardes".Es una forma de expresarse. Pero bueno va a ser que vais a tener que poner el diccionario de la real academia en pdf para descargar

    Creo que has interpretedo las palabras de el/la compa de forma totalmente literal.
    Para mi valientes son todos los que muestran su solidaridad con esfuerzo, se enfrentan a la represión y luchan desde dentro y tambien desde fuera. Valientes son todos los luchadores. Como persona que lleva varios años ayudando a llevar acabo la marcha a teixeiro (a pesar de que este año no pude estar), agradezco mucho las palabras de animo del primer comentario.Besos para anonimo y tambien para edu.

    Bueno
    saludos a todas y voy a dejar mi bien grande mi pseudonimo(que es reconocible) por si alguien tiene algo que reprochar, o no...

    ResponderEliminar
  4. Olá Naipi:

    Nom tenho intençom a entrar a debater acá, mas crio que diriges mal a minha crítica ao texto. Eu nom estava a opinar nem a questonar o que di um o umha anónima comentarista ( para mim é umha opiniom pessoal moi de agradecer ) e de feito nem me percatara até agora de que rematara o seu comentário com o de "valientes".

    A minha crítica (entendo que possitiva e totalmente falta da "mala leche" que tu aportas-lhe) ia dirigida ao texto da notícia onde di "pouco máis de sesenta valentes desafiaron á autoridade maila climatoloxía..." ao igual que critiquei o feito de que chuiva estava ao carom da repressom.

    Beijinhos também para ti e para todas as que luitam.

    ResponderEliminar
  5. Bravo a tod+s por estarmos mais um ano em Teixeiro! Já pode chover, já podem multar-nos e reprimir-nos que a única maneira de que se deixe de fazer esta manifestaçao é botar abaixo os muros desse centro de extermínio.
    O ano passado, 20 días depois da marcha, matarom a 2 internos em Teixeiro, um deles, Antonio Pallas, de Compos. Sabemos cómo e a quê jogam, por isso, fazer esta manife é o mínimo que podemos fazer e por isso segueremo-la fazendo. Porque é o mínimo minimíssimo.
    É a única mani à que assistím que tem certo sentido, porque permite às presas e presos ter umha pequena alegria e sentir o nosso apoio. Mas apenas é isso. Um acto simbólico, de denúncia. Nao deveriam ser +s anarquistas quem lhes dessem clases de democracia a estes aprendizes de dictador, nem o imos fazer. Mas proibir umha mani popular que se vem realizando onze anos ininterrompidamente é, para alêm de um acto antidemocrático (que obviamente no-la suda), umha irresponssabilidade. É levar o foco sobre umha marcha que desexariam que permaneze-se oculta. Cousa deles. Nós ao nosso!
    É um orgulho pra mim poder caminhar mao com mao com vós i, embora é certo que esta nao foi a mais luzida nem a mais populossa das marchas, pra mim é especial porque é a marcha em que lhes deixamos claro a picolos, carceleiros e subdelegados socio-listos, que com todo o seu aparato repressivo e o seu abusso de autoridade, solo sao uns merdas, e uns covardes. Tal vez nao sejamos especialmente valientes, mas ao lado deles pareze-mo-lo.
    Forte abraço! Força abordaxe!
    Abaixo os muros das prisoes!

    ResponderEliminar
  6. rezo por ti cada día

    ResponderEliminar
  7. Que xs cans do Estado contemplen impasíbeis o derrubo do seu espectáculo. Non somos nin seremos outro dos seus códigos de barras andantes, coitadas almas deshumanizadas, despoxadas de todo por mor do sometemento da imaxinación e a ilegalización dos soños.

    Non nos calarán.

    Ningunha rexa dobregará xamáis a raiba dun corazón insurrecto. Que o medo non destrúa a solidaridade, que a solidaridade esnaquize o encerro. Abaixo os muros das prisións.

    Saúde e anarquía, amor e raiba, pedras e lume.

    ResponderEliminar