23 ene 2011

Suspenden permisos penitenciarios a un dos detidos do 4F por “antisistema” (Barcelona)


A xuíza emprega como excusa pra denegar un permiso de traballo o feito de que o preso sempre se declarou inocente e os informes da Xunta de Tratamento (psicólogo, tutor, xurista, educador e asistente social) o definen como “antisistema”.
Rodrigo Huidobro foi un dos detidos o 4 de febreiro do 2006 en Barcelona tras unha liorta frente a unha okupa na que un garda urbano quedou en estado vexetativo con dobre fractura de cráneo. A primeira declaración do concello afirmaba que a ferida producíuse polo lanzamento dunha maceta dende unha fiestra da okupa. As declaracións de testigos e o persoal da ambulancia apuntaban nese sentido. Sen embargo posteriormente os policías mudaron a versión pra imputar ós detidos na rúa do atentado ó garda ferido. Dese xeito,a tres dos detidos sentenciáronos a penas de cárcere, a maiores de seres cruelmente torturados na comisaría, pese a que eles negan non só as acusacións, senon o mero feito de ter nada que ver cos disturbios e coa festa na okupa. Amnistía internacional faise eco dos malos tratos no seu informe “Sal en la herida. La impunidad efectiva de agentes de policía en casos de tortura y otros malos tratos” (aquí) (da páxina 49 a 50).
A Rodrigo sentenciárono primeiro a máis de catro anos de prisión, pena que o Tribunal Supremo aumentou a cinco anos. Despois de cumprires dous anos en condicional tivo que voltar á cadea, e xa leva máis dun ano dende aquela.
Un parte falso por ter a cama sen facer serviu de escusa para negarlle os primeiros permisos de fin de semana, e agora, pese a levar máis de tres dos cinco anos da súa condena preso, a Audiencia Provincial de Barcelona rechaza o permiso pra sair a traballar durante o día que Rodri xa tiña concedido. A patética razón empregada pola xuíza é que “…trátase dun individuo de ideoloxía anti-sistema en xeral, cunha total falta de asunción delictiva, que en ningún momento da súa traxectoria recoñeceu a súa actividade delictiva”.
Agora dicir que un é inocente, e non ter ideas favorables a un sistema inxusto e cruel que, ainda por riba, mantenche engaiolado sen culpa ningunha, é motivo pra aumentarche o teu castigo máis aló do que a lei dictamina.
Máis información en “Tokata” (aquí) e en “Rodri libre ya!” (aquí).

1 comentario:

  1. Boa info compis, o difundo. Coma sempre, os mecanismos xurídico-policiais xogan en casa. En fin, a ver se xs colegas do poli vexetariano aprenden a non tocar a moral jajaja

    Saúde e anarquía

    ResponderEliminar