Uns corenta presos iniciaron un motín durante a pasada Noitevella e prenderon lume a varias instalacións da prisión aberta de Ford, preto de Arundel (West Sussex), no sur de Inglaterra. Onte pola tarde, as forzas de seguridade recuperaron o control do centro de réxime aberto e os bombeiros controlaron o lume.
Os disturbios comezaron cara a medianoite, cando os detidos comezaron a romper os cristais das fiestras, activaron as alarmas e prenderon lume a varios módulos, sinalou nun comunicado o Ministerio de Xustiza británico. Non houbo feridos nin entre os detidos nin entre os guardias, engadiu.
Seis dos reclusos protagonistas da revolta foron identificados, dos cuais tres foron trasladados a outro centro e os outros tres permanecían agochados a noite entre os demais presos para evitar as consecuencias.
O incendio destruiu seis bloques de aloxamento, unha sala de billar, un ximnasio e unha sala de correo, segundo informou Freeman á web do diario The Guardian. Os danos causados obrigaron a trasladar a uns 160 reclusos a outras prisións.
[extraido da Voz de Galicia]
2 ene 2011
Corenta reclusos amotínanse e incendian unha prisión de réxime aberto en Inglaterra
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario