Fai uns días, foron atacadas simultáneamente duas oficinas do Inem en Vigo e no Porriño, con sendos artefactos incendiarios, ademais dunha sede do PP apedreada na Guarda. Con relación a estes feitos, foi detido un mozo vigués, ao que os medios de intoxicación informativa non dubidaron en sinalar como responsable destas e outras accións acontecidas na comarca durante o último ano.
Sen coñecer os feitos de cerca, non queremos permanecer caladxs ante o abuso de poder e vulneración de dereitos que se soe dar nestes casos. En primeiro lugar échenos o mesmo que sexa culpable ou inocente. Nestes tempos ¿a quen non se lle ocurriu vingarse do inem, do banco, ou mesmo do parlamento?
Está claro que este bombo mediático ten a intención de aillar e criminalizar cualquer acto susceptible de contaxio. Non vaia ser que se lle vaia das mans e se extenda, como está pasando en gran parte de Europa... O sistema xudicial xa está a despregar todo o seu poder, con medidas excepcionais antiterroristas como o secreto de sumario, nun suceso frecuente como son os ‘delitos de danos‘.
Se é inocente, merece toda a nosa solidariedade. Se é culpable, con máis razón...
Solidariedade activa co detido!!
Anarquistas culpables de solidariedade
[http://prod.galiza.indymedia.org/gz/2010/12/24943.shtml]
17 dic 2010
Se o inem te queima, queima o inem...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario