O pasado luns o Tribunal Supremo daba a coñecer o fallo que elevaba a condea a Amanda e Eduardo, acusados de enviar unha carta-bomba ao partido neo-nazi España 2000 no 2003, de 4 anos e 4 meses a 7 anos e 4 meses para ela, polos delitos de lesións e incendio, e de 8 meses a 1 ano e 2 meses para el, polo delito de danos con incendio.
O tribunal sostén que ainda que non se poida demostrar a sua pertenza a organización terrorista, sí a intención de "subverter a orde constitucional" e de "alterar gravemente a paz pública" por actuar contra "un dirixente político contrario á ideoloxía anarquista e libertaria".
A resolución tamén engade que ambos non se opñían a "actos de contido violento, en lugares públicos e con posterior reivindicación". Por este motivo acepta o recurso da acusación particular, o empregado de correos e considera probada a participación de Amanda e Eduardo na queima dunha excavadora que se estaba a empregar no derribo de fincas do barrio do Cabanyal en Valencia, demostrando segundo a Audiencia Nazi-onal ter unha "ideoloxía que podería considerarse de radical, anticapitalista, contracultural, identificándose libertarios".
12 nov 2010
Aumento da condea aos dous compas anarquistas Amanda e Eduardo de Valencia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario