12 ago 2010

O ALF visita seis locais relacionados coa explotación animal


O luns 02 de agosto de 2010, unha célula da Fronte de Liberación Animal realizou unha visita a seis "obxectivos lexítimos" en Belfast, Irlanda do Norte.
Todas as súas persianas e peches dos locais foron sabotados.
As «empresas», foron:
Tendas de carnizaría.
Oficinas de apostas.
Provedores de caza e pesca.
Estas accións extinguiranse cando cesen estes "negocios"!
[extraído de mislatacontrainfos.blogspot.com]

5 comentarios:

  1. xa é a terceira nova que extraedes de afilandonuestrasvidas, e dicides que é de mislatacontrainfo, cando nesa mesma web matizan que a colleron de afilandonuestrasvidas.
    Persoalmente , eu mesmx escollín a imaxe que acompaña a nova, por se non quedou claro que a maioría das novas internacionais de mislatacontrainfo son extraídas de afilandonuestrasvidas, espero que fique claro, e que se respete un curro que se anda a facer e qure nos beneficia a todxs

    ResponderEliminar
  2. A min non me importa que non se cite a fonte de onde se sacou a nova. O que si me molesta é que se cite unha fonte falsa.

    ResponderEliminar
  3. matizar que a persoa que escribeu os dous anteriores comentarios é a mesma, xa nos coñecemos e sabedes quen son. O que non vou facer e facilitar información á pasma po-la cara.

    ResponderEliminar
  4. Dende "Abordaxe Revista Anarquista" non houbo mala intención á hora de referenciar as novas, de feito noutras ocasions, cando tiramos información de "Afilando Nuestras Vidas", referenciámola dese xeito sen nengún problema. Algún dos colaboradores de abordaxe puido enganarse coa autoría do texto (ainda que, se o colleu de mislata contrainfos, tampouco estaría falseando a fonte o dicilo,anque esta non sexa primaria),mais ninguén quixo facerlle mal a afilando nuestras vidas. Páxina, por outra banda, que desenvolve un traballo inestimable e á que temos en grande consideraión.
    Noutras moitas ocasións afilando nuestras vidas quitou novas do noso blog (redactadas por nós) que despois outras páxinas publicaron coma se fosen vosas, por exemplo en mislata contrainfos aconteceu varias veces, mais sabemos que trátanse de erros propios dun medio tan impersoal como é internet. O final, o maís importante e a difusión da contrainformación.
    Un fraternal é revolucionario saúdo para os compañeiros de "Afilando nustras vidas".

    ResponderEliminar
  5. HOLA COMPAS!
    Porsuposto que dende afilandonuestrasvidas pensamos que todo isto debeuse a un erro, e tamén sabemos que normalmente a información que extraedes da nosa publicación vai correctamente referenciada.Non quero que se entenda este comentario como unha resposta de afilandonuestrasvidas, isto e unha vaina de alguén que colabora tanto na vosa publcación como en "afilando".Comprendo que a información non vaia referenciada.Observei que iba coa referencia errada. Claro que o fluxo de información e o principal. En serio, como si non poñedes de onde ven, o rollo e que eran xa varios artigos. As miñas mais sinceras desculpas, quizáis por non usar o medio correcto para contactar con vós. Non quero darlle mais importancia da que ten a todo isto (escasa).
    Persoalmente penso que o importante é o fluxo de información que estamos a criar entre todas nós, non importa que se diga a fonte, nin sequera que alguén se confunda con ela. O que pasa é que era de forma moi reiterada, e acaba parecendo que somos uns cortaepega, e nada de nada que ver con iso. A pesar de que, como todas, nós tamén estraemos gran parte da sección de novas de "afilando" doutras páxinas web.Páxinas como a vosa que é do milloriño que hai a nivel galego ao igual que a revista impresa, ou páxinas tan curradas como mislatacontrainfo, que teñen moitísimo mérito e traballo trás de si.
    Unha aperta enorme, e por favor, que continúe a contrainformación.

    ResponderEliminar