12 ago 2010

Documental e palestra: "Londres no es Sevilla Casas viejas no se rinde, no se calla, no se vende"


Este xoves 12 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar no C.S.O. A Casa das Atochas de A Coruña(rúa Atocha Alta Nº14) a presentación e proxección do filme LONDRES NO ES SEVILLA (2010, Intermedia Producciones -Asamblea del CSOA Casas Viejas). Ó remate da proxección dous compañeiros da asamblea do CSOA Casas Viejas (un deles resistente no tunel) falarán do sucedido e da complicada situación legal á que enfróntanse os detidos.

Sevilla. O 29 de novembro de 2007, ás 8:00 AM, comeza o desaloxo do Centro Social Okupado e Autoxestionado Casas Viejas. Seis persoas anclan seus brazos ao edificio,dous delas nun tunel a catro metros de profundidade.
Mentres no exterior,centenares de persoas maniféstanse nun derradeiro intento por impedir o desaloxo.
Este documental é a crónica das 36 horas que durou o desaloxo do CSOA Casas Viejas.

Data: xoves 12 de agosto
Hora: 20.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta nº14

1 comentario:

  1. Hola compañeirxs. Gustaríame saber se coñecedes algún xeito, ben de obter unha copia ou pola contra, algún enderezo na rede para descargar o documentario. É que non me enterei da proxección no centro social das atochas e gustaríame moito velo.


    Pd: O documentario C.S.O. Casas Viejas, 5 años de okupación y autogestión non ten desperdicio.

    Un saúdo libertario.

    ResponderEliminar