A caravana que partira en maio de Madrid a Irlanda para protestar contra o gaseoducto experimental de alta presión que a Shell quere facer pasar por unha reserva da biosfera no noroeste de Irlanda xa está de volta e chegará á nosa comarca a partires do 7 de Xullo. No seu percorrido reivindicativo foron moitois os lugares nos que activistas en bici sumáronse para loitar e reivindicar outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético e industrial que non sexa destrutivo, que respete o medio e que sexa xusto e posible. Un modelo de decrecemento e desindustrialización que restaure con urxencia o necasario equilibrio que nos reconcilie coa natureza da que foemamos parte.
É o momento agora de que nos sumemos á marcha na nosa comarca para chamar a atención sobre os moitos problemas que nos afectan. Como o da mina de andalucita que se pretende instalar na zona de Goente poñendo en perigo a riqueza e biodiversidade das fragas do Eume, os distintos puntos negros de contaminación, recheos e desfeitas na ría de Ferrol e a perigosa barbarie que supón a instalación da planta regasificadora de Reganosa.
Desde UL facemos un chamamento a apoiar esta marcha nas distintas etapas e días que percorrerá a comarca participando nos roteiros programados, nas charlas e na festa reivindicativa que faremos en Mugardos. E tempo de berrar e de pedalear!!
Esta nova chegou o noso correo electrónico.
6 jul 2010
Bicicletada en defensa da terra!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario