Neste video pódese apreciar a actuación do Black bloc durante as protestas contra o G-20 en Toronto ,onde escachan os cristais da franquicia multinacional Starbuks e dalgún banco, ademáis de prender lume a un carro da policía. Como ven sendo o habitual nestes casos @s manifestantes "pacífic@s" botan a culpa destes sucesos a infiltrad@s da policía. E é que segue a haber xente que pensa que cantando o "Kumbayá" ou o "Give peace a chance" mentres deixan que mallen neles ,poñendo a outra meixela,e inda por riba pedindo máis (coma podemos apreciar neste outro video que reproducimos a continuación)van acabar co capitalismo
Especial atención ó minuto 2:40 (si rapac@s, o que canta o paspán da guitarra é, nada máis e nada menos, que o mesmísimo "kumbaya") e no minuto 8:50 onde una manada de pacifistas semella que andan pedindo que lles den una malleira mentres cantan cancións de John Lenon, semellan saídos dun encontro co Papa.
29 jun 2010
Video do black bloc durante a cimeira do G-20 nas rúas de Toronto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario