2 ene 2010

Ofensiva contra os centros sociais (desaloxo casa encantada e demáis)


Á lamentable nova do desaloxo da okupa Casa encantada (en Compostela) súmaselle a orde de cese de actividades do C.S(alquilado) Própolis e a identificación de activistas da okupa da Casa das atochas, no transcurso da festa de fin de ano, estas dúas últimas na cidade de A Coruña.
A continuación añadimos o comunicado enviado ó noso correo por "usuári@s do centro social" A Casa Encantada:


CENTRO SOCIAL DESALOXADO E TAPIADO NA ALMÁCIGA (COMPOSTELA)

Na mañá do martes 29 de decembro, vários axentes da policía nacional
presentáronse no número 17 da rúa do Pino en Compostela. Porcederon a
expulsar a unha persoa que a falta doutro lugar, descansaba nese momento
na casa. Foi levada á comisaría para ser identificada. Coa connivencia da
policia, uns individuos que os acompañaban procederon a destrozar con
mazas os baños e outras cousas da casa. Despois procederon ao tapiado da
casa sen sequera permitir a retirada das cousas que estaban dentro. Todo o
proceso foi executado sen previo aviso e de xeito irregular.


Os médios difaman e informan do que non saben tratando de xerar unha
opinión acorde coa versión que lles interesa, falando dunha vivenda cando
non era tal, e outras acusacións infundadas.


http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/desalojan-otra-casa-okupas-rua-do-pino-orden-judicial/idEdicion-2009-12-30/idNoticia-501371/

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/12/30/0003_8199581.htm


Nótase que ao poder lle urxe “limpar a cidade” de toda iniciativa social
autónoma que non estea circunscrita aos baleiros “centros socioculturais”
do concello ou apadriñada polas súas subvencións.


Impídese pola forza o uso dun espazo onde medraban soños, un recuncho onde
se trataba de resucitar a solidariedade entre as persoas mais alá das
barreiras das convencións sociais.


Só sabemos que algúns prefiren ver as casas tapiadas que cheas de vida.
Nós non.


OS SOÑOS NON SE DESALOXAN

algunhas usuárias do centro social

2 comentarios: