10 ene 2014

Malleira de dous vixilantes do Carrefour de Torrevieja a un matrimonio francés en presenza dos seus fillos menores

Tirado e traducido do Grup Antimilitarista Tortuga

Unha noticia que saltou aos falsimedios probablemente por ser os agredidos cidadáns da Europa rica, se ben os seus erros foran ser ela e os fillos de pel negra e el ter o pelo longo e irse de feiras a Torrevieja, nunha zona especialmente racista do levante español, onde para mais inri, os vixiantes de seguridade teñen fama de fascistas (non é descoñecida a ligación con a agrupación fascista España 2000 da empresa Levantina de Seguridad) se ben, neste caso os vixilantes pertencen á empresa Casesa (Castellana de Seguridad S.A.), como pode apreciarse ben no vídeo. O dato do nome do centro comercial que a prensa comercial non citou é Carrefour (francesa curiosamente).

Como dixemos o matrimonio francés estaba de vacacións e xa presentou unha denuncia ante a Garda Civil pola agresión sufrida ás mans dos dous vixilantes. A agresión, perpetrada en presenza de dous fillos menores da parella, produciuse despois de que pagasen a súa conta e soase a alarma ao saír. Os vixilantes lles pasaron varias veces un detector sen atoparlles nada, polo que ambos os dous foron trasladados a unha dependencia do centro, o cuarto de seguridade, e alí volcaron violentamente o bolso da muller e aconteceron os feitos denunciados: retiveronos, cuspironlles e golpearonlles. Nen o hipermercado nen a empresa de seguridade quixeron aportar a súa versión. Poida que o feito de que un fillo do matrimonio gravara às agachadas o incidente e que esta filmación fose achegada á Garda Civil, deixara sen palabras aos responsables desta violencia desmedida. A parella foi atendida en urxencias e a denuncia puxérona días despois, xa que a Garda Civil en Torrrevieja non ten tradutor. Como aponta un comentarista na páxina de Tortuga: Como bos imitadores da policía que son, os dous seguratas fixeron o que -case- sempre fan os policías cando son denunciados a causa da súa brutalidade: poñer á súa vez unha denuncia, presumiblemente falsa, contra os agredidos. Esta denuncia adóitalles servir para basear despois a súa defensa no xuízo: "mire sr. xuíz, tiven que actuar con violencia proporcional ás circunstancias porque os denunciantes se resistiron e agredíronme primeiro, como poderá comprobar pola denuncia que interpuxen". En casos dunha palabra contra outra, e salvo honradas excepcións, os xuíces adoitan crer os policías. Todos eles cobran da mesma empresa e traballan no mesmo ramo: o da represión e o castigo. Así que é doado que a policía che agrida de forma brutal e ilegal, e que despois quen resulta condenando por agresión (que non cometiches) no xuízo sexas ti. Esperemos que esta vez, grazas ao vídeo, ao escándalo mediático e á presión das autoridades francesas, non sexa así. Esta forma de proceder é de auténticos canallas e miserables. De auténticos covardes desalmados, alleos a todo valor humano. Ese tipo de chusma é a nos vixía "para a nosa seguridade". O pior de todo (e isto xa é colleita miña) é que a nova regulamentación destes policías privados vailles permitir cometer máis excesos con maior impunidade e maiores armas. eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario